John Aniston (en grego: Γιάννης Αναστασάκης), nado como Yannis Anastassakis en Creta o 24 de xullo do 1933 e finado o 11 de novembro de 2022, foi un actor grego-americano, pai da actriz Jennifer Aniston.
Traxectoria Vida persoal Fillo de Stella e Anthony Anastassakis, o seu pai mudou o seu nome ó emigraren ós Estados Unidos cando el tiña dous anos de idade, e os seus pais, abriron un restaurante en Chester, Pensilvania. Ten dúas irmás e era membro da fraternidade Alpha Chi Rho.
Graduouse na Universidade Estatal de Pensilvania cunha licenciatura en Artes Teatrais. Serviu na Armada dos Estados Unidos coma oficial de intelixencia en servizo activo en Panamá e máis tarde na reserva, alcanzando o rango de Tenente Comandante.
Tivo á súa filla, Jennifer Aniston, coa súa primeira esposa, Nancy Dow (de quen se divorciou máis tarde), e tamén ten un fillo, Alexander, da súa segunda esposa, Sherry Rooney Aniston. O seu mellor amigo era o falecido actor Telly Savalas.
A súa carreira Aniston comezou vendendo aspriadores a domicilio porque non gañaba cartos como actor. O seu mellor amigo, Telly Savalas, dáballe algún traballo como o fixo en Kojak. Apareceu en telenovelas case continuamente dende 1975, cando se incorporou ó elenco de Love of Life como Eddie Aleata, serie que deixou en 1978 para interpretar o novo amor de Mary Stuart, Martin Tourneur, en Search for Tomorrow, desempeñou ese papel até 1984. Incorporouse ó elenco Days of our Lives como Victor Kiriakis en 1985, mantendo ese papel ata a súa morte.
Tamén fixo cameos nas series Gilmore Girls e en My Big Fat Greek Life.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas John Aniston na Internet Movie Database
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión Categoría:Nados na periferia de Creta Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Pensilvania