dereita|miniatura|250px|Partida de raspall na Llosa de Ranes dereita|miniatura|250px|Pelota de vaqueta

O raspall (tamén coñecido coma raspot o raspallot, en galego cepillo) é unha modalidade da pelota valenciana de estilo directo é que se caracteriza sobre todo polo feito de que non se xoga por riba, é dicir, non importa o número de botes que efectúe a pelota. As súas regras esixen ao xogador un grande esforzo, xa que decotío deberá de xogar inclinado para golpear a pelota a ras de terra.

Ademais, con leves diferenzas polo terreo de xogo, pódese xogar tanto na rúa coma nun trinquet. O considerado como A catedral do Raspall é o trinquet El Zurdo de Gandia. Esta modalidade é a única, xunto coa de Escala i corda, que ten xogadores profesionais. É moi disputada nas comarcas sitas ao sur do río Xúcar, como poden ser Vall d'Albaida, Safor, Costera, a Marina Alta ou a Marina Baixa, aínda que tamén é popular na Ribera Baixa.

Material de xogo e pelota No Raspall hase de xogar cunha pelota de vaqueta, que é unha pelota dura e pesada, polo que a protección das mans debe coidarse atendendo tanto ao rendemento como á comodidade..  Http://cdeporte.rediris.es/revista/revista47/artespecificaciones298.htm

Ademais, coma no resto de modalidades, os equipos visten de vermello ou de azul, sendo o vermello a cor asignada aos máis fortes ou favoritos nas apostas.

Regulamento dereita|miniatura|250px|Saque miniatura|dereita|250px|Partida de Raspall no carrer

Aínda cando tamén hai competicións man a man (partidas individuais, 1 contra 1), normalmente xógase ao Raspall en equipos de 2 ou 3 compoñentes. Pode darse o caso de xogar dous contra tres se se presupón que os dous son de maior calidade que os outras tres, os cales compensan a menor calidade con maior ocupación da cancha (en caso de xogarse nunha rúa, este deberá medir entre 70 e 75 pasos, e a cada extremo haberá a línia de quinze (liña de quinze) que limitará o terreo de xogo).

As partidas de Raspall xóganse a 25 tantos (en trinquet) ou a 40 tantos (no carrer), contabilizados de 5 en 5, cada un deles denominado joc (xogo) (por tanto, gaña quen consegue 5 xogos). Cada joc consiste en catro quinzes (15, 30, val e joc). O empate a 15 denomínase quinzens, o empate a 30 denomínase a dos, e, a diferenza da escala i corda, non se resta ningunha quinze se se empata a val. Quen gaña o val, gaña o joc e suma 5 tantos. Así até chegar un dos dous equipos a 25.

Os equipos, un fronte ó outro, xogarán a enviarse mutuamente a pelota dun só golpe de man tentando dificultar a tarefa do outro equipo até que un dos dous non a faga adiantar (falta dun, e por tanto, quinze do outro), ou o envío a un lugar onde non se poida volver (quinze directo). Estes recunchos son a llotgeta e as galeries (se se xoga nun trinquet), ou logo da liña de quinze do equipo rival (se se xoga no carrer).

Unha metade do carrer (ou trinquet) é denominada do traure (saque), e a outra do rest (resto), aínda que non están separadas por ningunha raia ou rede. O quinze comeza coa sacada, que nun trinquet faise pegando un bot a pelota no dau, e no carrer pegando un bote a pelota nunha laxa na línia de quinze. Non importa se a pelota vai rodando ou pega varios botes, agora ben, se (no trinquet) a pelota rebota no frontó (frontón) do rest deber volverse ao primeiro bote (se non pegase ningún) ou no aire (se xa botara).

Se a pelota vai onde está o público do lateral do carrer (ou ás escaleiras nun trinquet), a pelota quedará inmediatamente parada, iso é, colocarase no medio do carrer (ou trinquet) á altura onde se parou e se raspará a pelota dende aí, en caso de xogarse na rúa deberase golpear coa man mala. Así pois, non é nada conveniente que se pare a pelota, posto que o outro equipo poderá tirala facilmente ao fondo do carrer ou ás galeries do trinquet.

Público dereita|miniatura|250px|Partida de Raspall en Callosa d'En Sarrià Unha das características da pelota valenciana é a proximidade do público ao xogo, até incluso estando no medio. Cando se xoga no carrer, o público está nas beirarrúas e nos dous extremos da rúa.

No trinquet, poden escoller onde sentar. Os máis prudentes poderán ver a partida dende as galeries e os máis valentes poderán sentar nas llotgetes. Pero a maioría do público senta nas escaleiras. No Raspall o público sabe que os pilotaris non van enviar a pelota ás escaleiras, así que séntense seguros. Senta, pois, todo ao longo das escaleiras.

Competicións Profesionais Campionato por Equipos de Raspall Campionato Individual de Raspall Trofeo Mancomunitade de municipios da Safor

Afeccionados Campionato Autonòmico de Raspall al carrer Campionato Autonòmico de Raspall en trinquet

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas XXI Campionato Individual de Raspall

Categoría:Pelota valenciana