José Luis Trashorras Méndez, nado en Meira en 1944 e finado en Ribadeo o 28 de decembro de 2008, foi un mestre con especialidade en lingua castelá e político galego.

Traxectoria Logo de dar clase en diversas localidades, tivo como últimos destinos o CP Gregorio Sanz, do que saíu no 1987 para dirixir en Comisión de servizos o daquela acabado de crear Centro de Adultos, e o IES Porta da Auga. Xubilado no ano 2004, ese mesmo ano publicou El Camino de Santiago, obra en verso e en castelán sobre o Camiño de Santiago.

Foi alcalde de Ribadeo parte dun mandato (dende marzo do 1985 ata as eleccións do 1987). Á fronte da alcaldía promoveu o premio literario Diadema de Ribadeo, que leva homenaxeado a varias xeracións de estudantes e visto nacer e medrar o interese de estudantes pola literatura.

Foi pregoeiro do entroido de Ribadeo en 1998,:s:Pregón ano 1998/Entroido Ribadeo así como das festas patronais do 2000. No 2001, e xa como fillo predilecto de Meira, foi o pregoeiro na súa parroquia.

Participou no Consello da Caixa Rural Provincial de Lugo, e nos últimos anos, foi Secretario da Caixa Rural Galega.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadeo

Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Meira Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes