María Dolores Beccaria Cigüeña, máis coñecida como Lola Beccaria, nada en Ferrol en 1963, é unha escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria É doutora en filoloxía hispánica e terapeuta Gestalt polo Centro de Terapia e Psicoloxía de Madrid (CTP). Traballou na Real Academia Española como lexicógrafa e lingüista, e actualmente desempeña o seu labor no departamento de consultas lingüísticas. Ademais, colabora como crítica literaria no suplemento cultural ABCD do xornal ABC.
Descubriu e editou unha comedia perdida de Lope de Vega, El otomano famoso (Editorial Áltera, 1996). Foi finalista do Premio Nadal no ano 2000 coa súa novela La Luna en Jorge, e en febreiro de 2009 conseguiu o premio Azorín por El arte de perderLola Beccaria gana el Premio Azorín con la novela 'El arte de perder', El País, 27/2/09
Novelas La debutante (1996) En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia La Luna en Jorge (2000). Finalista do Premio Nadal Una mujer desnuda (2004) Mariposas en la nieve (2006) El arte de perder (2009, pendente de publicación). Premio Azorín 2009.
Notas
Véxase tamén Bibliografía (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 61.
Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1963