miniatura|Viaduto sobre a desembocadura do Ulla. Unha das obras máis icónicas canda a nova estación de Vigo-Urzáiz. O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa. Aínda que Adif a denomina liña de alta velocidade, non cumpre os criterios da Unión Internacional de Ferrocarrís para ser considerada unha liña de alta velocidade.https://www.youtube . com/watch? t=779&v=1L2Mi8q97nU

Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico, pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña, e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.

Descrición

Tramos

Ferrol - A Coruña Adiado sen data prevista para retomar un proxecto que, unicamente chegou a acadar a fase de estudo informativo. En 2013, o goberno español, presidido daquela por Mariano Rajoy, admitía que a súa execución era inviábel.

A Coruña - Santiago de Compostela Esta parte do corredor foi deseñada como un desdobramento e electrificación -mediante a construción de numerosas variantes- do tramo preexistente entre as dúas cidades da liña Zamora - A Coruña. De todas as estacións intermedias orixinais da liña unicamente se conservou a de Uxes, suprimíndose os servizos ferroviarios no resto (que foron ficando progresivamente fóra das novas variantes), e construíronse dúas novas: Ordes e Cerceda-Meirama. miniatura|Estación de Ordes. A primeira de nova construción para o Eixe Atlántico.

Santiago de Compostela - Bifurcación de Angueira Esta sección desenvolveuse practicamente na súa totalidade sobre a plataforma da antiga liña de Santiago - Redondela, desdobrando e electrificando a vía e mantendo en servizo a estación de Osebe, reconvertida en apeadoiro.

Bifurcación de Angueira - Vilagarcía de Arousa Trazado completamente novo. Supuxo a construción dun icónico viaduto sobre o río Ulla entre os concellos de Dodro e Catoira. Neste percorrido foi habilitada a nova estación de Padrón-Barbanza e, aínda que paralelamente se mantivo a circulación ferroviaria de viaxeiros na vella liña para dar servizo a Padrón, Pontecesures e Catoira, a estación da Escravitude quedou exclusivamente operativa para paradas técnicas.

Vilagarcía de Arousa - Pontevedra Practicamente de novo trazado agás nos accesos ás cidades, mantivo o apeadoiro de Pontevedra-Universidade, como tamén a estación da Portela (á que os trens acceden pola vella liña convencional) e supuxo a reconversión do resto da antiga liña Santiago-Redondela nun ramal exclusivo de mercadorías atá as proximidades da estación de Portas, ficando esta sen servizos para pasaxeiros.

Pontevedra - Bifurcación de Arcade Rectificación, desdobramento e electrificación do antigo trazado entre Santiago e Redondela. Conservouse a estación de Arcade, reconvertida igual cá Osebe en apeadoiro.

Bifurcación de Arcade - Vigo-Urzáiz miniatura|dereita|250px|Construción dun túnel ferroviario entre Arcade e Redondela. Trazado completamente novo. Construíronse as novas estacións de Redondela AV e Vigo-Urzáiz, restrinxida esta última a trens de tracción eléctrica por motivos de seguridade derivados da lonxitude do túnel das Maceiras. Após a súa apertura mantívose a prestación de servizos de pasaxeiros para os apeadoiros de Cesantes e Redondela-Picota e tamén nas estacións de Redondela e Vigo-Guixar. Unicamente ficou excluído tanto do novo corredor coma do convencional o tramo comprendido entre a Bifurcación de Chapela e a antiga estación de pasaxeiros de Vigo, da liña Monforte de Lemos - Vigo, o que implicou o peche da estación de Chapela.

Vigo - Fronteira con Portugal Adiado. Os plans consisten na construción da saída sur de Vigo-Urzáiz, converténdoa nunha estación pasante, e un novo viaduto sobre o río Miño na altura de Tui como obras máis destacadas.

Características técnicas O Eixo Atlántico de Alta Velocida conta -entre A Coruña e Vigo-Urzáiz- con sistema de Bloqueo Automático con vía dobre Banalizada (BAB), dotada de balizas ASFA máis tren-terra e catenarias de alta velocidade (entre A Coruña e Santiago) e compensada (entre Santiago e Vigo) de 25 kV e corrente alterna a 50 Hz. A velocidade máxima é de 200 km/h e a lonxitude máxima permitida para trens de viaxeiros, de 400 metros.

En 2016 comezaron as obras para a posta en servizo do sistema ERTMS sobre o BAB existente.miniatura|dereita|250px|Construción do túnel das Maceiras, entre Redondela e Vigo. Posta en servizo miniatura|Acceso á nova Estación Vigo-Urzáiz. O 27 de agosto de 2011 pechouse temporalmente a estación de Vigo, procedendo á demolición de todas as instalacións incluíndo as naves de mantemento para proceder á construción dunha estación subterránea a 15 metros por debaixo da cota orixinal. Os servizos ferroviarios desviáronse á ata entón estación de mercancías de Vigo-Guixar ata a reapertura da estación en 2015 en que se producirá unha repartición de servizos, os servizos de alta velocidade faranse dende Vigo-Urzáiz e os servizos convencionais e o enlace internacional con Portugal continuaran en Guixar. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente á estación de Redondela en xullo de 2012. A nova estación, que será intermodal proxectouse cun total de seis vías, con catro plataformas de 400 m de lonxitude e de entre 10 e 12,7 m de anchura, situados de forma que todas as vías sexan operativas para o tránsito de viaxeiros."Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net .

A continuación iniciáronse as obras da infraestrutura ferroviaria que finalizaron en marzo de 2015. Inicialmente íase construír un centro comercial Vialia enriba do caixón ferroviario pero a falta de interese dos promotores privados fixo aprazar a obra, tendo as estruturas preparadas para a súa futura construción. Debido a iso tívose que construír un edificio provisional fóra da parcela para poder dar servizos ferroviarios, preparado para compatibilizar coas futuras obras do Vialia.

O 6 de marzo de 2015 entrou o primeiro tren, da serie 121, á nova estación en probas.

O 16 de abril de 2015, 14 anos despois de que se asinara o convenio para actualizar o trazado ferroviario que vertebra Galicia, realizouse a viaxe inaugural, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, desde a estación da Coruña e a nova terminal Vigo-Urzáiz, deseñada por Tom Mayne e que tamén se estreou con este motivo, na que entrará pola boca dun dos dous túneles das Maceiras, o túnel máis longo do Eixe Atlántico."Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora" Faro de Vigo, 30/03/2015.

Finalmente, o sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña e viceversa, cunha oferta de dez frecuencias diarias por sentido que unirán ambas as cidades nun tempo de viaxe de 83 minutos, o que representa unha diminución de 47 minutos respecto á anterior."Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" El Correo Gallego, 18 de abril de 2015.

Cronoloxía de aperturas Vigo - Pontevedra Tramo km Estado (data BOE) Prazo execución Vigo-Urzáiz - As Maceiras (Acceso norte a Vigo) 9,4 En servizo (29/03/2015) As Maceiras - Redondela 3,9 En servizo (29/03/2015) Redondela - Soutomaior 3,6 En servizo (29/03/2015) Soutomaior - Vilaboa 2,5 En servizo (09/06/2013) Vilaboa - Pontevedra 8,2 En servizo (09/06/2013)

Pontevedra - Santiago Tramo km Estado (data BOE) Prazo de execución Pontevedra – Cerponzóns 6,6 En servizo (30/7/2014) Cerponzóns – A Portela 6,1 En sevizo (30/7/2014) A Portela – Portas 6,5 En servizo (20/7/2008) Portas – Vilagarcía de Arousa 6,6 En servizo (20/7/2008) Vilagarcía de Arousa – Catoira 8,3 En servizo (29/3/2015) Viaduto Río Ulla 1,7 En servizo (29/3/2015) A Vacariza – Rialiño 8,0 En servizo (29/3/2015) Rialiño – Padrón 8,5 En servizo (29/3/2015) Padrón – Osebe 3,8 En servizo (15/6/2008) Osebe - Santiago 10,1 En Servizo (15/6/2007)

Santiago - A Coruña Tramo km Estado (data BOE) Prazo de execución Santiago – Berdía 6,8 En servizo (17/7/2003) Berdía – Oroso 9,7 En servizo (23/4/2005) Oroso – Ordes 4,0 En servizo (17/7/2003) Variante de Ordes 6,3 En servizo (23/4/2005) Ordes – Queixas 4,3 En servizo (22/4/2008) Variante de Queixas 4,8 En servizo (21/4/2007) Cerceda - Meirama 8,1 En servizo Meirama - Bregua 5,3 En servizo Variante de Bregua 4,0 En servizo (27/4/2006) Uxes - Pocomaco 4,3 En servizo Pocomaco - A Coruña-San Cristovo 3,5 En servizo A Coruña-San Cristovo 0,6 En servizo (7/5/2003)

Estacións e apeadoiros en servizo

Estacións

Vigo-Urzáiz Redondela AV Pontevedra Vilagarcía de Arousa Padrón-Barbanza Santiago de Compostela Ordes Cerceda-Meirama Uxes A Coruña

Apeadoiros

Arcade Pontevedra-Universidade Osebe

Conexións con outras liñas de alta velocidade Prevense 3 conexións co resto da rede de Alta Velocidade: L.A.V. Olmedo-Zamora-Galicia en Santiago, conecta con Castela e León e Madrid. Corredor Interior de Galicia en Vigo e A Coruña. Trátase dun corredor que conectaría Vigo - Ourense - Monforte - Lugo - A Coruña, completando as conexións entre as principais cidades de Galicia. Liña de alta velocidade portuguesa cara Braga, Porto e Lisboa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos L.A.V. Olmedo-Zamora-Galicia Estación de Vigo-Urzáiz

Ligazóns externas

A Coruña y Santiago estarán a tan solo treinta minutos en tren desde el 13 de diciembre , nova en El Correo Gallego Vigo-Urzáiz (1987-2011) en Estación del Ave en Vigo (Proyecto de Thom Mayne) Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo

Categoría:Liñas de alta velocidade en España Categoría:Liñas de ferrocarril en Galicia