Catarroja é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud. Limita con Albal, Alcàsser, Massanassa, Paiporta, Picanya, Torrent e a cidade de Valencia.
Xeografía Situado na comarca da Horta Sud, atópase a 8 km da capital Valencia e moi preto do lago valenciano por excelencia, a Albufeira. O seu porto da Albufeira é famoso, grazas ao cal converteuse na berce de l'all i pebre (allo e pemento prato típico valenciano no cal a base principal é a anguía).
Esténdese por unha extensa chaira aluvial afundida dende o Mioceno, que se eleva dende o mar Mediterráneo até os cerros do oeste.
A horta e o elemento máis definitorios da paisaxe, onde a Albufeira coas súas barcas, a pesca, o porto e o cultivo do arroz son a razón da súa existencia. Os campos de arroz coas pequenas construcións que albergan os motores de auga e os hortos de laranxas conforman a paisaxe agraria na actualidade. O clima é mediterráneo.
Economía É unha vila de tradición pesqueira, aínda que pouco a pouco esta vaise perdendo, mais tamén ten unha ampla zona de horta, e sobre todo o cultivo arroz, o cal cultívase na ribeira da Albufeira, no Camí del Port.
En canto á industria destaca de xeito importante o sector do moble. Tamén pódese destacar a existencia dun forte tecido empresarial situado no seu polígono.
Accesos Accédese a esta localidade dende Valencia, por estrada, tomando a CV-4001. Tamén ten estación de ferrocarril da liña de Cercanies València C-1 e C-2 (RENFE).
Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Catarroja País Valenciano, vila a vila, comarca a comarca, de Paco González Ramírez. Institut Valencià d'Estadística. Portal da Direcció Xeral de Administración Local da Generalitat.
Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Valencia Categoría:Área metropolitana de Valencia