No legendarium de J. R. R. Tolkien, Lothlórien é un nome de inspiración galesa-Abley, Mark. The Iron of Language, Spoken Here: Travels Among Threatened Languages, Houghton Mifflin 2003, p. 259 que designa o máis fermoso dos reinos élficos que quedan na Terra Media.Plechowicz,Sue. Classworks Literacy: Year 4 Nelson Thomas, 2004, p142-146

Este reino desempeña un importante papel n' O Señor dos Aneis"A Irmandade do Anel, O Espello de Galadriel como o foco élfico da resistencia contra Sauron, e constitúe todo un símbolo da estética élfica da preservaciónMatthew T. Dickerson, Jonathan Evans. Ents, Elves, and Eriador: The Environmental Vision of J. R. R. Tolkien University Press of Kentucky 2004 que ofrece un lugar "fóra do tempo" para os personaxes que viven ou se adentran nel.Flieger, V. (1997): A Question of Time, The Kent State University Press, cap. Over a Bridge of Time Mediante Lothlórien, Tolkien harmoniza ideas que doutro xeito serían contraditorias no tocante á distorsión temporal nas terras élficas, provenientes de diversas fontes tradicionais como Thomas the Rhymer (séculos XIII/XIV) e a obra popular dinamarquesa Elverhoj (1828).Shippey, Tom: Tolkien: Author of the Century, Harper Collins, 2000, p.89

Nomes Tolkien deu moitos nomes diferentes á mesma fraga

Nome Significado Orixe Lindórinand Val da Terra dos CantantesUnfinished Tales of Númenor and Middle-earth: The History of Galadriel and Celeborn, nota 5 Antigo nome Nandorin da zona Lórinand Val de OuroUnfinished Tales of Númenor and Middle-earth: The History of Galadriel and Celeborn, nota 5 Nome Nandorin trala introdución das árbores mellyrn Laurelindórenan Val do Ouro Cantante Nome Sindarin trala introdución das árbores mellyrn Lothlórien A Flor de SoñosHammond & Scull (2005): The Lord of the Rings: A Reader's Companion, London: HarperCollins, ISBN 0-00-720907-X, cap. Lothlórien, páx. 335 Nome Sindarin na Terceira Idade Lórien Terra de Soños Forma abreviada de Lothlórien que coincide co nome dos Xardíns de Lórien en Aman

A forma Lórinand tamén pasou ao Quenya como Laurenandë e ao Sindarin como Glornan ou Nan Laur, todas co mesmo significado. Entre os demais nomes dados máis tarde a esta terra atópanse o nome Dwimordene dos habitantes de Rohan (de dwimor "pantasma", en alusión á maxia dos elfos), e mais A Fraga de Ouro en Oestron.

Historia

A comezos da Primeira Idade, algúns dos Eldar abandonaron a Grande Marcha e asentáronse nas terras situadas ao leste das Montañas Bretemosas. Estes elfos pasaron a ser coñecidos como os Nandor e máis tarde como Elfos Silvanos. Para o ano 1200 PI, Galadriel entrara en contacto cun reino Noldorin, Lindórinand, na zona que máis adiante sería coñecida como Lothlórien, e plantou alí as douradas árbores mallorn que Gil-galad recibira como agasallo de parte de Tar-Aldarion.Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth: A Description of Númenor" A cultura e sabedoría dos elfos Silvanos viuse considerabelmente enriquecida coa chegada dos elfos Sindarin que proviñan do oeste das montañas, e mesmo a lingua Silvana foi sendo substituída aos poucos polo Sindarin. Entre os chegados atopábase Amdír, que se converteu no seu primeiro señor, así como Galadriel e mais Celeborn, que tamén cruzaran as montañas e o río Anduin para se uniren aos Nandor do sur logo da destrución de Eregion durante a Guerra dos Elfos e Sauron. Amdír acabou liderando un exército como parte da Última Alianza de Elfos e Homes, ao mesmo tempo que Oropher, outro señor Sindarin, lideraba os Elfos Silvanos do norte na loita contra Sauron. Xa que logo dedúcese que tanto os reinos do bosque do norte e do sur xa foran fundados daquela.

Cando a influencia maligna de Sauron comezou a volver gradualmente á fraga da beira leste do Anduin, os Elfos Silvanos do norte, guiados por Thranduil fillo de Oropher, afastáronse aínda máis cara ao norte, e os do sur volveron cara ao oeste cruzando o Anduin, mais sen o seu derradeiro señor Sindarin, Amroth fillo de Amdír, que partira para Edhellond seguindo os pasos da súa amante Nimrodel.

Máis adiante sóubose que o anel de Galadriel enriquecera a terra preservado a súa flora contra a morte e a corrupción, e ao brandilo creara unha poderosa protección fronte a todas as criaturas malignas: de feito, o único xeito de que Mordor lograse conquistar Lothlórien sería se o propio Sauron acudise persoalmente.

Logo da marcha de Galadriel cara a Valinor a comezos da Cuarta Idade, os elfos de Lothlórien foron gobernados só por Celeborn, que os conduciu a través do Anduin para fundar un novo reino, máis grande, Lórien do Leste, ao redor de Amon Lanc. No momento da morte da Raíña Arwen, Celeborn e a neta de Galadriel's, Lothlórien fora xa abandonado.

Xeografía

Lothlórien atopábase ao leste de Moria, entre as Montañas Bretemosas e o río Anduin. Á parte dunha pequena faixa de terra boscosa ao sur, o reino atopábase entre os ríos Anduin e Silverlode, na rexión coñecida como o Naith (S. punta de lanza)Harv (1987), The Lost Road 1987, Etymologies, SNAS polos elfos e como Gore en Oestron. A cidade de Caras Galadhon estaba situada na parte máis estreita do Naith, onde confluían os dous ríos, chamada EgladilSalo, David (2004), A Gateway to Sindarin, University of Utah Press, ISBN 0-87480-800-6 ou o Ángulo.A Irmandade do Anel: O Espello de Galadriel"

Legado

Lothlórien é un dos lugares máis memorábeis do mundo da ficción, e serviu de inspiración en multitude de obras creativas, que inclúen unha ampla variedade de xogos, curtametraxes e comunidades online.

Influencia

O carácter do lugar descrito n' O Señor dos Aneis ten levado a moita xente a porlle o nome "Lothlórien" a propiedades e comunidades de importancia. Este é o caso de:

Unha comunidade familiar cristiá no sur de EscociaRyan, Eilish. Rosemary Haughton: Witness to Hope p.54 1997 Rowman & Littlefield, ISBN 1-55612-860-6 Un refuxio neopagán en IndianaBlain, Jenny et al. Researching Paganisms p.98, 2004, Rowman Altamira, ISBN 0-7591-0523-5 Unha casa e cooperativa vexetariana na University Students' Cooperative Association (Berkley)Brenneman, Richard Judge Orders Hearing for Suit Against UC, (01-12-07) Berkeley Daily Planet,link A Australian School for Rudolf Steiner Education, Lorien Novalis, que combina os nomes do poeta Novalis e da fraga de Lorien.

A cantante irlandesa Enya compuxo unha canción chamada "Lothlorien" recollida no seu álbum, Shepherd Moons.

A cantautora Tori Amos púxolle á súa filla o nome Natashya Lórien Hawley, en referencia a Lothlórien.

Adaptacións

Alén de ser a inspiración de lugares do mundo real, Lothlórien ten aparecido representado noutros medios.

Na expansión Lórien and the Halls of the Elven Smiths do xogo de rol Middle-earth Role Playing (Iron Crown Enterprises, 1986), a sociedade de Lórien divídese en varios gremios ou "Glades", cada un especializado nunha arte (como panadaría, confección de tecidos ou caza). O carácter oculto do lugar atribúese ao anel Nenya, e a Elessar, a pedra élfica, obxectos que terían o poder de ralentizar os efectos do tempo. A súa peculiar situación xeográfica, protexida contra as treboadas polas Montañas Bretemosas, e o efecto que as árbores mallorn tiñan sobre o contorno (non perdían as follas, polo que fornecían unha protección constante fronte aos elementos durante todo o ano) tamén influirían cara a esta redución nos efectos do paso das estacións.

Notas

Notas Stanton, M., Michael D. C. Drout (ed), 2006: J. R. R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment, Routledge, isbn = 0-415-96942-5; cap. Lothlórien, pp. 394–395.

Véxase tamén

Ligazóns externas Tolkien Gate Away

Categoría:Reinos da Terra Media