Léopold Sédar Senghor, nado en Joal o 9 de outubro de 1906 e finado en Verson o 20 de decembro de 2001, foi un escritor, poeta e político senegalés. Foi o presidente do Senegal entre 1960 e 1980.

Traxectoria Estudou no liceo Louis-lle-Grand de París na década de 1930. Durante a súa época de estudante, creou xunto co martiniqueño Aimé Césaire e o guianés Léon Gontran Damas a revista L'Etudiant noir en 1934. Nesas páxinas expresará por primeira vez o seu concepto da négritude, noción introducida por Aimé Césaire nun texto titulado "Négrerie". Foi o primeiro profesor de raza negra que impartiu clases de lingua francesa en Francia.

Durante a segunda guerra mundial foi feito prisioneiro polos alemáns pero logrou a súa liberación no 1942. Despois da guerra, foi elixido deputado na Asemblea Nacional de Francia polo Senegal-Mauritania. Ocupou diversos cargos na política francesa e axudou na elaboración da constitución da Quinta República.

Coa independencia do Senegal converteuse no primeiro presidente do país. Tamén é o autor do seu himno nacional. No seu goberno o Senegal adoptou un sistema multipartidista (a pesar da limitación a tres partidos: socialista, comunista e liberal).

Foi tamén membro da Academia francesa desde o 2 de xuño de 1983 ata súa morte, e un defensor da Francofonía.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Presidentes do Senegal Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Poetas do Senegal Categoría:Escritores do Senegal Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Finados en 2001