dereita|miniatura|260px|Un dos numerosos carteis creados para promover o Plan Marshall en Europa. A bandeira que está entre as de Alemaña e Italia é a de Trieste.

O Plan Marshall, oficialmente Programa de Recuperación Europea foi un conxunto de medidas económicas ideadas polo xeneral estadounidense George Marshall, para a reconstrución de Europa despois da segunda guerra mundial.

Situación despois da guerra Despois da segunda guerra mundial as economías europeas quedaron gravemente resentidas polos esforzos da contenda e os estragos que esta provocou. Consolidándose Estados Unidos, como líder económico mundial, xa que a guerra so tocou o seu territorio en moi poucas ocasións. Os principais compradores da súa produción eran os países europeos, pero ante a mala situación das súas economías os expertos deduciron que so poderían seguir pagando as compras durante pouco máis dun ano. Os EUA dispuñan dun exceso de capitais e produtos enorme, e a situación parecíase demasiado á crise dos anos 1920. Isto sumado ó progresivo triunfo do comunismo nos países do leste, que lle restaba liderado aos EUA obrigounos a actuar en Europa occidental.

O plan Anunciado en xuño de 1947 e aprobado na primavera de 1948, tiña como obxectivo dar axuda selectiva á recuperación da produción, sen provocar aumentos de inflación e malestar político. Estados Unidos asegurábase un mercado solvente para as súas exportacións e a implantación do seu sistema económico.

Axuda financeira recibida País1948/49($ millóns de dólares)</sup>1949/50($ millóns de dólares )1950/51($ millóns de dólares )Acumulado($ millóns de dólares )23216670468 e 1952223607771038719538510856915202296510438500144817515645366622154388450133594405205120447130235511288290200372007070394826034700250250285950137131692110603297

Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:Economía