Vedra-Ribadulla é unha estación de tren de Adif situada en Ribadulla, no concello de Vedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 355,5 da liña Zamora - A Coruña de ancho ibérico a 172 metros de altitude, entre as estacións de Santiago de Compostela e A Bandeira.Carballiño (Est.) Euroferroviarios O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.Ourense a Santiago de Compostela Spanishrailway A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por dous pisos. Hai dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 2 MD Santiago de Compostela <>  Ourense-San Francisco

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información na web de Adif

Vedra Categoría:Vedra