"She Doesn't Live Here Anymore" é unha canción do dúo de pop sueco Roxette, lanzado como o terceiro sinxelo do seu álbum de grandes éxitos Don't Bore Us, Get to the Chorus! do ano 1995. O sinxelo lanzouse unicamente en Europa e tivo un pouco de éxito en Alemaña.

A canción foi escrita e gravada orixinalmente para o álbum de Roxette Crash! Boom! Bang!, pero decidiuse que a canción non encaixaba no álbum, permanecendo sen publicar ata que foi incluída no álbum de grandes éxitos.

Incluíuse neste sinxelo un remix da canción "The Look" que unicamente estaría dispoñible neste lanzamento e no sinxelo que se lanzou unicamente no Reino Unido baixo o título The Look '95.

Lista de temas

# Título 1. "She Doesn't Live Here Anymore" 2. "The Look (Chaps 1995 Remix)" 3. "The Look (Rapino 7" Remix)"

Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.

Categoría:Sinxelos de 1996