Torremolinos é un municipio español situado na provincia de Málaga, na costa mediterránea da comunidade autónoma de Andalucía. É a cabeza do partido xudicial homónimo e está integrado na comarca da Costa do Sol Occidental, a mancomunidade do mesmo nome e a área metropolitana de Málaga.Plan de Ordenación do Territorio da Aglomeración urbana de Málaga; pag. 15

Características Está situado na Costa do Sol, no lado occidental da baía de Málaga e ás costas da Serra de Mijas. Atópase a unha altitude de 49 msnm e a 13 km de Málaga, a capital de provincia. Está comunicado mediante a autovía A-7, que circunvala a cidade polo norte, así como por tren de proximidades.

No ano 2008 contaba con 63.077 habitantes, que o converten no sexto municipio máis poboado da provincia. O seu termo municipal ten unha superficie de 20 quilómetros cadrados e unha densidade de poboación de 3.153,85 hab/km², que se multiplica durante os meses de verán.

Desde os anos 50, Torremolinos, que anteriormente foi un pequeno pobo de pescadores, é un dos principais destinos turísticos de sol e praia de España e o primeiro de Andalucía. A afluencia de estranxeiros e turistas en xeral crearon un ambiente liberal e permisivo que aínda se respira na actualidade.

Torremolinos tamén é coñecido localmente como TorrolesResultados de Torroles en Google.

Notas

Categoría:Cidades de Andalucía Categoría:Concellos da provincia de Málaga