Pedro III de Aragón, chamado o Grande (en catalán Pere el Gran, en castelán Pedro el Grande), nado en xullo ou agosto de 1240 en Valencia e morto o 11 de novembro de 1285 en Vilafranca del Penedès, foi rei de Aragón e conde de Ribagorza de 1276 a 1285 co nome de Pedro III de Aragón; conde de Barcelona, de Xirona, de Osona, de Besalú e de Pallars Jussà de 1276 a 1285 co nome de Pedro II de Barcelona; rei de Valencia de 1276 a 1285 co nome de Pedro I de Valencia, e rei de Sicilia (insular) de 1282 a 1285 co nome de Pedro I de Sicilia.

Traxectoria Primeiros anos Pedro foi o primeiro fillo do rei de Aragón Xaime I o Conquistador e da súa segunda esposa Violante de Hungría.

Cando tiña un ano de idade, en 1241, recibiu un primeiro apanage segundo o cal recibiría o legado de Valencia, as Baleares, o Rosellón e a Cerdaña.

Despois da morte da súa nai en 1251, confiouse ao coidado de Jaspert IV, vizconde de Castelnou, de Guillerme de Castelnou, irmán do anterior, de Gilbert de Cruilles e de Alón de Hostes.

Matrimonio Pedro casou o 13 de xuño de 1262 na catedral de Montpellier con Costanza de Hohenstaufen, filla e herdeira de Manfredo I de Sicilia, e foron coroados en Zaragoza, probabelmente o 17 de novembro,Nos rexistros da Chancelería Real aparece nesa data a anotación Hic Rex (Aquí o rei), mentres que até entón aparecera sempre como infante. nunha cerimonia na que Pedro cancelou a vasalaxe que co papado concertara o seu avó Pedro II (o que ocasionou, loxicamente, un enfrontamento co papa.

Relacións co seu irmán o rei de Mallorca A relación entre os fillos de Xaime I o Conquistador, Pedro III de Aragón, o maior, e Xaime II de Mallorca, foron sempre tensas. O rei de Aragón viu as terras do reino do seu irmán, con capital en Perpiñán, constituído polas illas de Mallorca, Eivissa e Formentera, os condados de Rosellón e Cerdaña, o señorío de Montpellier, a baronía de Omeladès e o viscondado de Carladès (Menorca, aínda en poder dos musulmáns, lle rendía vasalaxe), como unha excrecencia do seu. Estes territorios, moi dispersos, eran unha parte moi pequena en comparación coa que lle tocara ao seu irmán máis vello na repartición testamentaria do seu pai de 1262. Pero Xaime vía este reino como unha entidade coherente.Pedro III, «el Grande» na Gran Enciclopedioa Aragonesa on line . Con sultada o 3 de novembro de 2016.

Política de expansión polo Mediterráneo: Conquista de Sicilia

Todo o reinado de Pedro centrouse na expansión da Coroa de Aragón polo Mediterráneo. Á morte do Rei de romanos Guillerme de Holanda en xaneiro de 1256 produciuse un problema sucesorio pola elección do seguinte Rei de romanos. En marzo, a cidade de Pisa enviou unha embaixada ao rei de Castela Afonso X ofrecéndolle a súa submisión e apoio como cabeza da casa de Suabia e como xefe do partido xibelino, oposto ao papa. Por outra parte, o rei castelán tamén fixo saber a súa intención de ser elixido Rei de romanos, fronte ao cal, o rei de Inglaterra Henrique III propuxo ao seu irmán Ricardo de Cornualla como candidato.

Tras gastar ambos os candidatos grandes cantidades de diñeiro para subornar aos electores, o 1 de abril os partidarios de Afonso, o arcebispo de Tréveris o duque de Saxonia, xunto cos poderes outorgados polo margrave de Brandeburgo e o rei de Bohemia Otakar I, elixiron Rei de romanos a Afonso en Frankfurt, pero Otakar I, interesado en manter o reino a vacante deu o seu voto a ambos os candidatos.

Pero en Italia, o papa Alexandre IV (o valenciano Roderic de Borja) deuse de conta de que a presenza dos casteláns favorecía a causa dos xibelinos, pois seu inimigo Ezzelino da Romano era partidario de Afonso. A pesar de todo, Afonso X enviou unha embaixada ao papa para lograr a súa lexitimación, aquietando as suspicacias do papa acerca do seu xibelinismo, nada extremista.

Á morte de Ezzelino da Romano (1259), os xibelinos tenderon agora a unirse en torno a Manfredo, recentemente coroado como rei de Sicilia, sen que o papa estivera disposto a recoñecelo, posto que o excomungara por ser fillo ilexítimo do seu pai Frederico II Hohenstaufen, devolvendo o Reino de Sicilia ao papado. En 1262, Costanza II de Sicilia, filla do anterior rei, casara con Pedro o Grande. En Toscana, unha insurrección levara de novo ao poder aos güelfos en 1250, que pretenderon impoñerse aos xibelinos toscanos. En 1258 expulsaron os xibelinos de Florencia, que se refuxiaron na xibelina Siena, cuxo líder Farinata degli Uberti se aliou con Manfredo de Sicilia, a quen animou para que, para protexer o seu Reino, debía asegurar Toscana aos xibelinos.

miniatura|Pedro III de Aragón. Miniatura de ca. 1315.

Manfredo dirixiu as súas miras ao centro e o norte de Italia e, conxuntamente cos xibelinos, derrotou completamente aos güelfos, de forma que foi recoñecido protector de Toscana polos florentinos xibelinos, e foi elixido senador de Roma por unha facción da cidade, expulsando ao papa Alexandre IV. Mentres, os aragoneses fixeron acto de presenza, ao acordar os esponsais do herdeiro do reino, Pedro, coa filla de Manfredo Costanza II de Sicilia. Neste momento, os xibelinos podían aspirar á hexemonía sobre toda Italia e calquera alivio á terrible presión que estes exercían sobre o papa era ben recibido: de aí que Alexandre IV acollese ben aos embaixadores casteláns prometéndolles que na querela imperial se atería á máis estrita xustiza.

Tras unha sede vacante de tres meses, o patriarca de Xerusalén, Xacobe Pantaleón, de orixe francesa, foi elixido en setembro de 1261 como novo papa, como Urbano IV (1261–1264), que nunca pisaría Roma e, aínda que mantivo unha teórica actitude de neutralidade entre os dous candidatos, o castelán e o inglés, non estaba disposto a que calquera de ambos os candidatos puidera sumar as súas forzas ás dos seus inimigos os xibelinos. Ante isto, ideou unha arbitraxe que lle permitira demorar a súa sentenza o tempo que fora necesario.

Porén, ante o avance irresistíbel dos xibelinos, e a pesar de que Afonso X intentaba que os güelfos se unisen a súa causa mantendo hostilidade cara a Manfredo, o papa Urbano IV ignorou o acordo establecido por Alexandre IV con Edmundo, e púxose en mans de Francia, onde finalmente contou coa aprobación do rei Lois IX para que o seu irmán Carlos de Anjou asinara un acordo o 15 de agosto de 1264 co papa, no que aceptaba a investidura do Reino de Sicilia e, mentres, Urbano IV seguiu dilatando a súa arbitraxe sobre a disputa da coroa imperial. Carlos de Anjou iniciou unha empresa implicando á banca güelfa, especialmente a Orlando Bonsignori, que se beneficiaría dos territorios do reino siciliano, o que ía en contra dos intereses cataláns.

miniatura|Coroación de Carlos I de Anjou en Roma (1266). miniatura|Batalla de Benevento (1266). miniatura|Morte de Manfredo I de Sicilia (1266).

Mentres que o exército anxevino avanzaba por Italia con apoio güelfo, faleceu o papa Urbano IV e foi elixido o tamén francés, Clemente IV (1265-1268), que tampouco entrou en Roma, quedando ben establecido en Viterbo. Este papa mantivo unha actitude abertamente favorábel a Carlos de Anjou e, cando este alcanzou Roma por mar, foi elixido senador e coroado como rei de Sicilia o 6 de xaneiro de 1266 por cardeais designados polo papa.

Cando o exército anxevino chegou a Roma, Carlos emprendeu a campaña contra Manfredo, que saíu do seu letargo para encontrarse cos anxevinos na batalla de Benevento, o 26 de febreiro de 1266, onde o exército siciliano foi derrotado e o propio Manfredo encontrou a morte. Desta maneira, Carlos de Anjou logrou facer efectivo o seu control sobre todo o reino. E deste xeito impulsou o güelfismo en Italia, como o establecemento de Filipe della Torre en Milán, o marqués de Este en Ferrara e, en Florencia, os xibelinos foron de novo expulsados.

Pola súa parte, a pesar de que Afonso X insistía en non favorecer o xibelinismo, co que se privou do único apoio do que puidera dispoñer, os embaixadores casteláns, aproveitando que o infante Henrique apoiara o financiamento da empresa de Carlos de Anjou e posto que estaba na Corte pontificia, meteron presión a Clemente IV para que pronunciara a sentenza a favor do rei castelán. Porén, ao desaparecer a resistencia xibelina en Benevento, o papa non considerou necesario manter unha postura contemporizadora co rei castelán.

Tras a batalla de Benevento, Carlos puido estender a súa influencia pola Lombardía, desde Vercelli até Treviso, e desde Reggio Emilia até Módena, e con Oberto Pelavicino sometido e reducido a Cremona e Piacenza, só resistían a Carlos as cidades de Pavia e Verona; o seu poder estaba consolidado no Piemonte, onde os pequenos nobres sometéronse a el para non caer baixo os máis poderosos condes de Savoia ou os marqueses de Montferrato, e Toscana foi sometida coa resistencia de Pisa e Siena. Porén, os xibelinos non se resignaron, e urxiron a vinda de Conradino, o fillo de Conrado IV e sobriño de Manfredo, que a pesar de ser excomungado en novembro de 1267, entrou en decembro en Verona,www.storiadimilano.it Storia de Milano de Paolo Colussi e Maria Grazia Tolfo. proseguindo a súa campaña por Pavia e Pisa; o mesmo papa Clemente IV, pediu o apoio a Carlos de Anjou para derrotalo. Mentres, o seu parente, o infante castelán Henrique de Castela (don Arrigo), xa senador en Roma desde xullo de 1267, reclamaba a posesión do Reino de Sardeña como beneficio da súa participación na empresa anxevina. Ante a negativa, sublevouse en Roma, e aproveitando a ausencia do papa asaltou a residencia papal e fixo prisioneiros a todos os cardeais presentes. Pasar ao bando xibelino, e foi excomungado o 5 de abril de 1268; e en xullo de 1268, Conradino foi recibido con grande entusiasmo en Roma.

Carlos de Anjou converteuse así nun soberano poderoso, cabeza do partido güelfo e, ademais de ser rei de Sicilia, era conde da Provenza e de Anjou, e senador da cidade de Roma; o papa Clemente IV nomeouno vigairo imperial en Toscana durante o interregno, título co que tratou de beneficiarse dos dereitos imperiais nas cidades, e no interregno de 33 meses que seguiron á morte de Clemente IV interveu activamente nos Estados Pontificios, asegurou o seu poder en Toscana sometendo a Siena e Pisa, o que prexudicaba comercialmente a Xénova, e asegurou na Dieta lombarda de Cremona (1269) o control ou o apoio das cidades güelfas no norte de Italia, e así foi recoñecido señor de Piacenza, Cremona, Parma, Módena, Ferrara e Reggio, e estableceu unha alianza coas cidades de Milán, Como, Vercelli, Novara, Alessandria, Tortona, Turín, Pavia, Bérgamo e Boloña. Ademais de todo isto, tivo as súas miras postas en recobrar o Imperio Latino, o que produciu os temores do emperador Miguel VIII Paleólogo, que propuxo a unión das igrexas romana e grega.