Jürgen Untermann, nado en Rheinfelden o 24 de outubro de 1928 e finado en Brauweiler o 7 de febreiro de 2013, foi un lingüista, indoeuropeísta, filólogo e epigrafista alemán.

Traxectoria Discípulo de Hans Krahe e de Ulrich Schmoll, estudou nas universidades de Frankfurt e de Tubinga, sendo Catedrático de Lingüística Comparada na Universidade de Colonia.

As súas investigacións centráronse no estudo das "linguas fragmentarias" ("Trümmersprachen") itálicas e paleohispánicas, chegando a ser considerado a máxima autoridade no estudo das linguas paleohispánicas, especialmente da lingua ibera, destacando a súa edición do corpus de inscricións paleohispánicas (Monumenta Linguarum Hispanicarum) e a súa sistematización da onomástica ibera.

Publicacións Die vorgriechischen Sprachen Siziliens. Wiesbaden, 1958. Die venetischen Personennamen . Wiesbaden, 1961. Elementos de un atlas antroponímico de la Hispania Antigua. Madrid, 1965. Monumenta Linguarum Hispanicarum. I. Die Münzlegenden. Wiesbaden, 1975. Monumenta Linguarum Hispanicarum II: Die Inschriften in iberischer schrift aus Südfrankreich. Wiesbaden, 1980. Monumenta Linguarum Hispanicarum III: Die iberischen inschriften aus Spanien. Wiesbaden, 1990. Monumenta Linguarum Hispanicarum IV: Die tartessischen, keltiberischen und lusitanischen inschriften. Wiesbaden, 1997. Wörterbuch des Oskisch-Umbrischen. Heidelberg, 2000.

Véxase tamén Ligazóns externas Publicacións de Jürgen Untermann Acto de investidura de Jürgen Untermann como doutor 'honoris causa' da USC

Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados no distrito de Lörrach Categoría:Galardoados co premio Javier Conde Garriga Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premios Príncipe de Viana