miniatura|dereita|250px|Retrato de Ambroise Vollard por Pierre-Auguste Renoir

Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso, dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.

Traxectoria Deixou moi novo a súa illa natal para estudar en Montpellier e mais París. Na capital desenvolve unha paixón pola pintura que lle leva a abrir a súa galería de arte en 1890.

Expoñerá as obras de numerosos artistas hoxe cualificados de maiores, como Paul Gauguin, Henri Matisse, Paul Cézanne ou Pierre-Auguste Renoir. Ademais manterá con moitos deles lazos de amizade.

En 1898, Pierre Bonnard, Ker-Xavier Roussel e Édouard Vuillard realizaron por petición de Vollard unha serie de litografías en cor. En xuño de 1901 organizou a primeira exposición de obras de Pablo Picasso.

Tamén foi amigo de Maurice de Vlaminck e contribuíu en grande medida ao seu recoñecemento. Logo de coñecer a Alfred Jarry adicouse á escritura (Ubu colonial) e lanzouse ao mundo editorial para publicar obras de poetas ilustradas polos seus pintores favoritos. En 1900 lanzou a primeira: unha edición de Parallèlement de Paul Verlaine ilustrada por Pierre Bonnard. Incluía múltiples escenas de lesbianismo e foi un fracaso comercial.

Morreu nun accidente de tráfico. Picasso deu o seu nome (Suite Vollard) a unha serie de augafortes, hoxe considerada a máis importante do século XX. Notas

Véxase tamén

Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en Reunión Categoría:Nados en 1866 Categoría:Nados en 1939