O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

miniatura|300px|Pega marza Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).

Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.

Crenzas e supersticións Crese que a lúa de marzo é a máis indicada para poda-las árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente (Eladio Rodríguez, s. v. lúa). Seméntase na lúa minguante para que naza ben o millo. Tamén na minguante de marzo é cando se debulla o millo para que non colla gorgullos nin quente no saco, así como ese é o momento de enche-lo piorno para que o millo non se bote a perder (Leiro Lois, 41).

Refraneiro A marzo gabo cando non recacha o rabo Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.. A que en marzo velou, tarde acordou . A viña de bo amo pódase en marzo; a viña do ruín pódase en abril Eladio Rodríguez González, s. v. viña.Refraneiro do viño, 43. No orixinal: do bo amo.. Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir . Auga de marzo, herbanzo Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. Auga de marzo, pior lixo no pano . Auga en marzo, canto o raposo molle o rabo. Cando en marzo chove, i en abril xía, quédase maio feito unha criba . Cando febreiro non febreirea, marzo marcea Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.. Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo Refraneiro do viño, 35.. Cando marzo abrilea, abril marcea . Cando marzo maiea, maio marcea Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo . Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano . Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.. Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran. Chuvia en marzo, como a mexeira dun gato Rosario Soto Arias 2013.. Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: d’un.. Cobras en marzo, neve en abril Real Academia Galega 1913, s. v. abril.. Cobras en marzo, neves en abril. Cóbregas en marzo, neves en abril . Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín Refraneiro do viño', 51.</ref>. Coida de podar en marzo, que o que poda en abril, ese é ruín Eladio Rodríguez González, s. v. podar.. De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado Eladio Rodríguez González, s. v. muller. Di o boi: sácame en marzo e verás como pazo Eladio Rodríguez González. s. v. boi.. Día de san Adrián sécalle a primeira raíz ó pan Santo Adrián celébrase o 5 de marzo. Día de san Xosé, primeira anduriña se ve. Dixo no monte unha vella: 'Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato'. Febreiriño contestou: 'Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro'. Dixo o pastor a marzo: 'mal trataches ó meu gando; alá irás onde non volvas máis'. E marzo respondeu: 'con tres días que me quedan, e tres que me empreste meu irmán abril, poreiche as túas ovellas a parir' . Domingo de Entroido larafuzán, comícheme a carne, deixácheme o pan Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Entroydo, Larafuzan, comicheme, deyxacheme.. En marzo, abrigo e pantrigo . En marzo, abrigo, noces e pan de millo. En marzo, abrigo, noces e pan trigo . En marzo, abrigo, noces, pan e trigo. En marzo auga que non molle o rabo do gato . En marzo, cada pingueira quita un carto; i en abril, cada pingueira dá mil . En marzo, espigarzo . En marzo, espigas catro. En marzo frolecen tódolos campos . En marzo hai que saca-la pelica de debaixo do brazo. En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo. En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán, xa fuxo ó can; en Santa Mariña, xa pillo a galiña, i en agosto, xa son bo raposoRefírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v.marzo.Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No texto: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo, ao can, ja pillo, ja son.. En marzo, nin o mexo dun rato. En marzo, nin o rabo do burro mollado. En marzo, nin o rabo do gato mollado . En marzo, ó abrigo con noces e pan trigo. En marzo, o garabanzal, nin nado, nin por sementar . En marzo, o trigo, nin por sementar, nin nado . En marzo, pelarzo . En marzo, podar e cavar, se queres colleitar . En marzo, queima ben a vella o tallo . En marzo saca a cabeza o lagarto; i en abril acaba de sair . En marzo sai a herba, anque lle dean cun mazo . En marzo, se podas un cardo, naceranche catro; i en abril, se cortas catro naceránche mil . En san Adrián sécalle a primeira raíz ó pan. En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa San Francisco, 4 de outubro. Entre marzo e abril o cuco ha de vir. Entre marzo e abril o cuco, ou a fin. Entre marzo e abril o cuco quere vir. Entre marzo e abril o cuco ten que vir, e si o cuco faltara a fin do mundo volvera. Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin. Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra. Entre marzo e abril sae o cuco do cobil, pois coa neve non quer vir Eladio Rodríguez González, s. v. cuco. No orixinal: sai.. Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quer vir . Entre marzo e abril, se non vén o cuco quer vir a fin Eladio Rodríguez González, s. v. abril; s. v. marzo.. Entre marzo e abril, se non veu o cuco quer vir a fin Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.. Espigas en marzo, catro; espigas en abril, mil Eladio Rodríguez Gonzále<, s. v. espiga.. Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro . Febreiro moliñeiro, marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio garrido e fermoso Chaman moliñeiro ó tempo nubrado, no que chove pouco pero persistentemente. Elixio Rivas Quintas (1978).. Fiandeira ¿que fiache? ¿pra onde fuche? ¿por onde andache que en marzo non blanqueache? Gomo de marzo non vai ao cabazo Refraneiro do viño, 52. O cabazo, ademais de ser un hórreo de vergas, é unha medida de capacidade para líquidos equivalente a dezaseis litros (sin. cántara, cántaro, ola).. Líbrame ti da mala veciña que eu te librarei da neve marciña A neve en marzo derrétese axiña, pero é imposible librarse das malas veciñas.. Maio longo, san Xosé redondo. Marzo amola e abril esfola . Marzo amarzador, se un día é malo, o outro é peor. Marzo é a porta, e abril trai a chave, se está posta . Marzo é enganador; un día malo e outro pior . miniatura|300px|Marzo, espigarzo. Marzo espigarzo . Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan. Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, san Xoán curado, na santa Mariña metelo na arquiña Tamén corre como adiviña, tendo como solución o pan, é dicir, o trigo. Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoán segado, Santa Mariña a airiña Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan, ayriña. Marzo, espigas catro; abril, espigas mil . Marzo gabo, cando non recacha o rabo. Marzo iguarzo . Marzo, iguarzo, antes a tres que non a catro. Marzo louco, e abril non pouco . Marzo marceado, bota as vellas ó sol, e despois as apedrean. Marzo marceador, de noite chove e de día fai sol . Marzo marceiro, pola mañán cara de can, e pola tarde é falangueiro . Marzo marcisco, algús días corisco. Marzo, marzaco, cabeza de gato, de oito bois que tiña deixáchesme catro. Marzo, marzadas: vento, frío, sol e sarabiadas . Marzo marzado, cada ovella co seu año . Marzo, marzal, déixame o viño trasegar Refraneiro do viño, 52.. Marzo marzán, á noite cara de lobo e a mañán cara de can. Marzo, marzán, cara de can Elixio Rivas Quintas (1978).. Marzo, marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella . Marzo marzán cara de rosa pola mañán, e pola tarde cara de can Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: cán.. Marzo marzán, cara de rosas pola mañán, e pola noite cara de can . Marzo marzán, pola mañán cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella. Marzo marzán, pola mañán cara de can e pola tarde Xan Barrigán. Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de risa e pola tarde cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de risa, pola tarde cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de rosa e pola tarde cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de rosas, pola noite cara de can. Marzo marzán, polo día a túa cariña de risa e á noite a túa cariña de can. Marzo marzán, polo día a túa cariña de rosa e pola noite a túa cariña de can. Marzo marzola, trebón e raiola . Marzo marzolas, treboadas e raiolas . Marzo, marzoso, pola mañán cara de porco i á serán cara de can O libro do porco, 37.. Marzo marzoso, pola mañán cara de porco, polo serán cara de vran . Marzo marzote, pola mañán cara de pote; ó mediodía por aí se iría; e pola noite, un serán coma se fora verán. Marzo, nin rabo de gato mollado. Marzo, o viño polo vaso. Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso, fan o ano fermoso . Marzo pardo, pouco sol e malo . Marzo pardo; San Xoán, craro . Marzo pardo, siñal de bo ano Eladio Rodríguez González, s. v. marzo. No orixinal: prado, erro por pardo. Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo, fan fermoso o ano . Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio frorido e fermoso . Nas tardes de marzo recolle o teu gando. Neve en abril, cobras en marzo Eladio Rodríguez González, s. v. abril. Neve marzá, neva de noite, vaise á mañá. Neve marzal vén e vaise pola mañá. Nin frores en marzo, nin muller sin vergonza. Nin marzo con flores nin moza con amores. Nin marzo con flores nin moza sin amores . No marzo, abrigo; na eira pantrigo . No marzo, abrigo; na eira, pantrigo. No marzo, abrigo, noces e pantrigo. No marzo aínda hai lama no pazo. No marzo hai que saca-la pelica de debaixo do brazo. No mes de marzo e abril o cuco ha de saír, se ós tres meses non volveu é porque morreu. No mes de san Xosé, niño polo pé. Nosa Señora de marzo, Diola traia. Nosa Señora de setembro, Diola deteña A Nosa Señora de Marzo é o 25 deste mes, día da Anunciación; a Nosa Señora de Setembro, o día 8, día da Natividade. O refrán refírese á merenda, que comeza en marzo mentres que en setembro acaba o tempo de merendar. Fonte: Elixio Rivas Quintas (1988). No orixinal: Dio-la. O aire e o sol de marzo queima as donas no pazo. Ó cuco san Xoán dálle a fala e san Pedro sácalla. O enxame de abril, pra min; o de maio, pro meu amo; e o de San Xosé, pro can Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.. O que en marzo non fende en abril non estende Quere dicir que se en marzo non se aran e se preparan ben as terras, cando chega o momento de sementa-lo millo, en abril, mal se poderá facer este labor. Refrán recollido en Meis. Fonte: Eugenio Reguera y Pardiñas: Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano, ed. de J. L. Pensado (Cadernos de Lingua, RAG, 1995.. O que en marzo non poda a súa viña, perde a vindima <ref>Refraneiro do viño, 53.. O que en marzo non poda a viña perde a vendima.