Paulino Fernández Vázquez, nado en Surribas (Adá, Chantada) en 1925 e finado no mesmo lugar o 8 de marzo de 1989, foi un labrego galego, que se fixo famoso ao cometer o maior crime en serie da historia de Galicia.
O crime de Chantada Antecedentes Os coñecidos de Paulino Fernández falan del como un veciño introvertido, tranquilo e serio, que se levaba ben con todo o mundo a pesar de ser unha persoa reservada. Ó parecer, levaba tempo preocupado pola propiedade dunhas terras que mercara a uns parentes que vivían no Brasil, que non estaban ao seu nome no catastro, conforme relatou o seu avogado e daquela alcalde de Chantada, Sergio Vázquez Yebra, que falou na mañá do crime con el. Segundo o seu relato, o día dos acontecementos, Paulino amosábase máis nervioso e depresivo do normal e levaba un tempo obsesionado con que os seus veciños querían facerse coas terras recentemente adquiridas. Esa mesma mañá falou tamén co notario e despois fixo algúns recados pola vila de Chantada co seu irmán, Marcelino Fernández, co que quedou a xantar na casa deste.
Paulino estaba casado, e non tiña fillos; a súa muller tiña problemas de mobilidade e cegueira logo dun accidente. Dende 1971, Paulino sufría dunha síndrome depresiva que lle afectaba fisicamente e cuxo tratamento abandonou en 1988 ó non volver á consulta do seu psiquiatra.
Os feitos O 8 de marzo de 1989 contra as tres e media da tarde, de volta xa en Surribas, Paulino Fernández saíu da súa casa e atacou cun coitelo da matanza o seu veciño José Gamallo. Este escapou xunto á súa muller, que chamou á Garda Civil. Paulino volveu para a casa, sacou a pacer as vacas e foi con elas cara a Quinzán da Vila. De camiño atopou catro veciños dunha mesma familia traballando nunha leira, e atacounos. Tres deles morreron no momento, e a cuarta tentou escapar por unha pista cara a Adá, pero Paulino atrapouna e asasinouna tamén. Nese momento atopou outro veciño, atacouno e deixouno ferido grave.
Decidiu entón volver cara a Surribas por Quinzán do Carballo, e polo camiño atacou sete veciños máis, dos cales dous morreron no momento e unha máis faleceu ao cabo de vinte días polas feridas sufridas. No seu camiño tamén atopou outras persoas ás que non atacou.
Cando chegaron os gardas, Paulino xa volvera para a súa propia casa, de onde o seu irmán sacara a súa muller tras coñecer os sucesos. Prendeu lume á vivenda con el dentro e deitouse na cama. Faleceu como consecuencia deste incendio.
As vítimas miniatura|Igrexa parroquial de Adá Incluíndo o propio Paulino Fernández, houbo oito mortos: Avelina Moure Soengas (67 anos de idade) Emilio Ramos Blanco (66) José Lago García (59) Celsa Sanmartín Ledo (63) Aurora Sanmartín Ledo Maximino Saa Sánchez (72) Amadora Vázquez Pereira (43)
O enterro O día 10 de marzo, cinco das vítimas, e tamén Paulino Fernández, foron soterradas na igrexa parroquial de Adá. O enterro do asasino realizouse unha hora antes da cerimonia conxunta das súas vítimas. A sexta vítima foi soterrada en Mato (Taboada).
Impacto cultural O crime de Paulino Fernández aparece citado na longametraxe A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993), do cineasta Antonio BlancoBlog Todo Nada, 7/3/09. Tamén se menciona o seu nome nas cancións "Terra brava" de Os Diplomáticos de Monte Alto (1993)Blog Todo Nada , 7/3/09 e "Veraneo en Puerto Hurraco", de Def Con Dos (1999).Veraneo en Puerto Hurraco
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Programa Galicia 112 - Reconstrucción do crime múltiple de Chantada de 1989
Categoría:Asasinos Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Suicidios en 1989 Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Criminais de Galicia Categoría:Asasinatos en Galicia