O Alzamento de Pascua (en gaélico: Éirí Amach na Cásca) foi unha rebelión que tivo lugar en Irlanda durante a Pascua de 1916. O alzamento foi un intento de republicanos irlandeses co obxectivo de rematar co dominio británico en Irlanda e establecer unha República Irlandesa nun momento no que o Imperio Británico estaba inmerso na primeira guerra mundial. Foi a sublevación máis significativa que houbo en Irlanda tras a rebelión irlandesa de 1798.

Organizado polo Consello Militar da Irmandade Republicana Irlandesa,Leaders and Men of the Easter Rising: Dublin 1916 Francis X. Martin 1967 p105 o alzamento durou dende o luns santo do 24 de abril ata o 30 de abril de 1916. Membros dos Voluntarios Irlandeses, liderados polo profesor e avogado Patrick Pearse, xunto co pequeno Exército Cidadán Irlandés de James Connolly e mais 200 membros da Liga das Mulleres, tomaron lugares clave en Dublín e proclamaron unha República Irlandesa independente de Gran Bretaña. Houbo algunhas accións máis noutras partes de Irlanda aínda que foron de escasa relevancia, agás o ataque aos barracóns da Policía Real Irlandesa en Ashbourne, no condado de Meath.

O Alzamento foi sufocado tras sete días de loita, e os seus líderes foron sometidos a consellos de guerra e posteriormente executados, pero tiveron éxito en facer que os políticos irlandeses volvesen a tomar en consideración unha vía de republicanismo irlandés a través das armas.

O acontecemento acostuma interpretarse como o momento clave do proceso de independencia irlandesa, aínda que tamén marcou a división entre republicanismo e nacionalismo irlandés, que ata o momento aceptara a promesa dunha autonomía limitada baixo a coroa británica. Tal autonomía fora plasmada na terceira Home Rule en Irlanda, aprobada en 1914 e suspendida durante a primeira guerra mundial.

Antecedentes 250px|miniatura|dereita|Oficina Xeral de Correos de Dublín, unha das sedes do alzamento. Dende a Acta de Unión de 1800 que uniu o Reino de Irlanda e o Reino de Gran Bretaña para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, a oposición a esta unión tomou forma de dous xeitos: o constitucionalismo parlamentario e a forza física.

Daniel O’Connell, que fundou a Repeal Association en 1840, tentou conseguir a revogación da Acta na Cámara dos Comúns do Reino Unido e mediante mitins colectivos. Os membros da asociación Irlanda Nova eran tamén membros activos nese movemento, pero desligáronse de O’Connell en 1846 e estableceron o movemento da Confederación Irlandesa, e os seus líderes , William Smith O'Brien, Thomas Francis Meagher e John Blake Dillon, encabezaron a Rebelión de Irlanda Nova de 1848. Os Fenianos protagonizaron outra revolta en 1867, o Alzamento Feniano. A pesar de seren derrotados, continuaron a súa actividade coma sociedade secreta.Sean Cronin, The McGarrity Papers, Anvil Books, 1972. En 1873, tivo lugar unha convención Feniana en Dublín, e decidiron adoptar o nome de Bráithreachas na Poblachta, en inglés Irish Republican Brotherhood, ou IRB, e en galego Irmandade Republicana Irlandesa, e mais uns estatutos. Aprobaron dúas resolucións: que o comité central da IRB fose constituído para actuar como goberno da República Irlandesa, e que o Presidente da IRB sería o Presidente da República, ata que o pobo irlandés puidese elixir libremente o seu goberno.Eoin Neeson, Myths from Easter 1916, p. 67

A Liga da Home Rule e o Partido Parlamentario Irlandés de Charles Stewart Parnell conseguiron ter un gran número de membros no Parlamento do Reino Unido onde, mediante a táctica do obstrucionismo e pola habilidade de saber manter a balanza do poder no Parlamento, tiveron éxito en introducir tres proxectos de lei na Home Rule en Irlanda. Porén, os obxectivos de Parnell ían máis aló das limitacións da Home Rule en Irlanda. Iso fíxose máis que claro cando nun discurso en xaneiro de 1885 dixo: "Ningún home ten o dereito de fixar os límites da marcha dunha nación..." F.S.L. Lyons, "Charles Stewart Parnell", Ed. Gill & Macmillan, FP 1977, ISBN 978-0-7171-3939-2 px. 264 O primeiro deses tres proxectos de lei, o Proxecto de Lei do Goberno Irlandés de 1886 foi rexeitado na Cámara dos Comúns. O segundo Proxecto de Lei do Goberno Irlandés de 1893 foi aprobado polos Comúns, pero rexeitado pola Cámara dos Lords. O terceiro Proxecto de Lei do Goberno Irlandés de 1912 foi de novo rexeitado polos lords, mais baixo a Acta do Parlamento de 1911 (aprobada polo Primeiro Ministro británico H. H. Asquith co apoio de John Redmond que se convertera no líder do Partido Parlamentario Irlandés tras a morte de Parnell) converteuse en lei dous anos máis tarde. Redmond, ao contrario que Parnell, contemplaba a Home Rule como unha fin en si mesma.Eoin Neeson, Myths from Easter 1916

Os Unionistas do Ulster, liderados por sir Edward Carson, xunto co Partido Conservador británico e a Cámara dos Lords opoñíanse á Home Rule en Irlanda, e considerábana unha ameaza aos seus intereses. Os Unionistas formaron o grupo paramilitar Forza de Voluntarios do Ulster, en inglés Ulster Volunteer Force, o 13 de xaneiro de 1913, que estaba preparado para resistir violentamente a imposición da Home Rule, e tanto o líder Conservador Andrew Bonar Law coma outros membros do seu partido ameazaron co uso da forza.The Green Flag, Kee, p.400-1. The IRA, Coogan, p.8-11 Kee, 170-2Tony Geraghty, The Irish War: The Hidden Conflict Between the IRA and British Intelligence, Harper Collins, ano 2000, páxinas 314–315, ISBN 978-0-8018-6456-8 Isto levou á formación dos Voluntarios Irlandeses, en inglés Irish Volunteers, o 25 de novembro de 1913, unha forza dedicada a defender a Home Rule.Kee, 201-2 A Home Rule de Irlanda recibiu a Aprobación Real o 18 de setembro de 1914, mais excluía unha área aínda sen definir na provincia do Ulster.Kee, 181-2 O Proxecto de Lei foi suspendido ata despois da primeira guerra mundial, que estalara un mes antes, causando unha escisión entre os Voluntarios Irlandeses, posto que moitos deles se alistaran nos Voluntarios Nacionais apoiando os Aliados e o esforzo de guerra británico. Mentres tanto, a IRB, reorganizada con homes determinados coma Thomas J. ClarkeEaster 1916: The Irish rebellion, Charles Townshend, 2005, páxina 18, The McGarrity Papers: revelations of the Irish revolutionary movement in Ireland and America 1900 – 1940, Sean Cronin, 1972, páxina 16, 30, The Provisional IRA, Patrick Bishop & Eamonn Mallie, 1988, páxina 23, The Secret Army: The IRA, Rv Ed, J Bowyer Bell 1997, páxina 9, The IRA, Tim Pat Coogan, 1984, páxina 31 e Seán MacDermott, continuou facendo plans, non para unha Home Rule limitada baixo a coroa británica, mais para unha República Irlandesa independente.The Fenians, Michael Kenny, The National Museum of Ireland in association with Country House, Dublin, 1994, ISBN 978-0-946172-42-9

A Planificación do Alzamento miniatura|esquerda|250px|Unha das dúas bandeiras izadas sobre a Oficina Xeral de Correos de Dublín durante o Alzamento. Os plans para o Alzamento de Pascua comezaron os días de agosto nos que tivo lugar a declaración de guerra contra Alemaña. O Consello Supremo da IRB mantivo unha reunión no número 25 de Parnell Square e, baixo o lema "A dificultade de Inglaterra é a oportunidade de Irlanda", decidiron actuar xa antes da fin da guerra. O Consello tomou tres decisións: formar un consello militar, procurar calquera axuda posible de Alemaña e asegurar o control dos voluntarios.

A pesar de que o obxectivo principal da IRB era o establecemento dunha República Irlandesa independente, iso non tiña por que acadarse necesariamente mediante un único acto de rebelión. O historiador Eoin Neeson suxire que nunca se chegou a considerar que o plan concluiría cunha vitoria militar, aínda que os líderes si que consideraron que habería unha certa vitoria militar parcial.Eoin Neeson, Myths from Easter 1916

A IRB estableceu tres obxectivos para o Alzamento: primeiro, declarar unha República Irlandesa, segundo, revitalizar o espírito do pobo e espertar o fervor nacional arredista, e terceiro, reclamar un posto na conferencia de paz posterior á guerra.Michael Foy & Brian Barton, The Easter Rising, J.H. Haynes & Co., ISBN 978-0-7524-5703-1 miniatura|Tom Clarke.

Para acadar este obxectivo, o tesoureiro da IRB, Tom Clarke, formou un Consello Militar para planear o Alzamento, do cal formaron parte inicialmente Patrick Pearse, Éamonn Ceannt, e Joseph Plunkett, así coma el mesmo e Seán Mac Diarmada, que se uniría pouco despois. Todos eles eran membros da IRB, e todos agás Clarke eran membros dos Voluntarios Irlandeses.

O segundo dos obxectivos da IRB xa estaba ben avanzado para este tempo. A Irmandade xa se infiltrara nunha gran cantidade de organizacións sociais, incluíndo a Gaelic Athletic Association<ref>P. S. O’Hegarty escribe que "dos sete membros fundadores probablemente todos eran Fenianos, mais catro deles érano seguro.” Mentres os Fenianos o usaban naturalmente, non era unha organización política, segundo O'Hegarty; permaneceu fiel ao seu propósito: a Preservación e o Cultivo dos Pasatempos Nacionais, aínda que o empregaban xeralmente para fortalecer o sentimento nacional. A Historia de Irlanda Baixo a Unión 1801 ao 1922, pp. 611-612, P. S. O'Hegarty, Methuen & Co. Ltd, London</ref>, a Liga Gaélica, o Sinn Féin, sindicatos, e máis tarde o Exército Cidadán Irlandés. Por medio desas organizacións querían proporcionar o empuxe preciso ao nacionalismo e ao cambio definitivo.

Dende o seu inicio en 1913, os Voluntarios, cuxa formación foi instigada precisamente pola IRB co propósito de organizar un levantamento,Myths from Easter 1916, Eoin Neeson, 2007, páxina 79, Easter 1916: The Irish Rebellion, Charles Townshend, 2005, páxina 41, The IRA, Tim Pat Coogan, 1970, páxina 33, The Irish Volunteers 1913-1915,F. X. Martin 1963, páxina 24, The Easter Rising, Michael Foy & Brian Barton, 2004, páxina 7, Myths from Easter 1916, Eoin Neeson, 2007, páxina 79, Victory of Sinn Féin, P.S. O’Hegarty, páxinas 9-10, The Path to Freedom, Michael Collins, 1922, páxina 54, Irish Nationalism, Sean Cronin, 1981, páxina 105, A History of Ireland Under the Union, P. S. O’Hegarty, páxina 669, 1916: Easter Rising, Pat Coogan, páxina 50, Revolutionary Woman, Kathleen Clarke, 1991, páxina 44, The Bold Fenian Men, Robert Kee, 1976, páxina 203, The IRB: The Irish Republican Brotherhood from the League to Sinn Féin, Owen McGee, 2005, 353-354 foi caendo paulatinamente baixo o control desa organización, a medida que os membros da IRB traballaban para que outros membros foran ascendendo a postos superiores sempre que fora posible; de aí foi que para 1916 unha gran parte dos líderes dos Voluntarios eran republicanos devotos. Unha excepción notable era o seu fundador e presidente Eoin MacNeill quen daquela non era consciente das intencións da IRB. MacNeill planeaba empregar os Voluntarios como baza a xogar con Gran Bretaña tras a I guerra mundial.F.S.L. Lyons, Ireland Since the Famine, Collins/Fontana, 1971; p. 341MacNeill aprobaba a resistencia armada só se os británicos tentaban impoñer o servizo militar obrigatorio en Irlanda para a Guerra Mundial, ou ben se lanzaban unha campaña de represión contra os movementos nacionalistas irlandeses, posto que en tal caso cría que terían un apoio masivo. A visión de MacNeill era apoiada dende a IRB, por Bulmer Hobson. Porén, a IRB esperaba conseguir o seu apoio (por medio de enganos se for preciso) ou evitando o seu mando por completo. Myths from Easter 1916, Eoin Neeson, 2007