Carmen María Porter Ucha, nada en Madrid o 23 de agosto de 1974, é unha xornalista española.
Traxectoria Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e a Universidade Europea de Madrid. É subdirectora do programa de radio Milenio 3, que se emite na Cadena SER e do programa de televisión Cuarto Milenio en Cuatro. É colaboradora da revista Más Allá.
Foi redactora da revista Enigmas del hombre y del universo, na que se encargou, entre outros temas, dun suplemento en forma de xornal, que contiña noticias do mundo do misterio, ao que denominaban Enigmas Expreso. Tamén foi redactora no programa de televisión El otro lado de la realidad que se emite en Telemadrid.
Vida persoal É a dona do xornalista Iker Jiménez, e colabora con el en numerosos proxectos xornalísticos.
Publicacións Misterios de la Iglesia. Ed. EDAF, S.A., 2002. ISBN 84-414-1104-2 La sábana Santa: ¿Fotografía de Jesucristo?. Ed. EDAF, S.A., 2003. ISBN 84-414-1241-3 La Iglesia y sus demonios. Ed. EDAF, S.A., 2005. ISBN 84-414-1773-3 Milenio 3: El libro. Aguilar, S.A. de ediciones-Grupo Santillana, 2006. ISBN 84-03-09710-7
Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1974 Categoría:Xornalistas radiofónicos da Cadena SER