miniatura|Pere Borrell del Caso, "Escapando da crítica", 1874, col. Banco de España miniatura|Trompe-l'œil en Solingen, Alemaña. miniatura|dereita|Perspectiva ilusionista da cúpula da igrexa dos Xesuítas en Viena (Austria) O trompe-l'œil (expresión francesa que significa «enganar ao ollo») ou enganaollos é unha técnica pictórica que intenta enganar á vista xogando coa perspectiva e outros efectos ópticos.
Os trompe-l'œil adoitan ser pinturas murais realistas creadas deliberadamente para ofrecer unha perspectiva falsa. Poden ser interiores (representando mobles, fiestras, portas ou escenas máis complexas) ou exteriores, en muros de inmobles.
Tamén poden atoparse pintados en mesas (aparentando naipes dispostos para unha partida, por exemplo) ou outros mobles.
Malia ser máis propios da pintura tamén existen famosos «enganos» en arquitectura, algúns dos máis coñecidos son a Scala Regia no vaticano de Gianluca Bernini ou a Galería Spada do Palazzo Spada de Borromini, nestes casos trátase de contrarrestar certas impresións ou modificar a percepción do espazo mediante efectos arquitectónicos, como variar a altura das columnas para conseguir, no caso da escaleira, que esta pareza moito máis profunda.
Trompe-l'œil no cine Os trompe-l'œil tamén foron empregados con profusión no cine ata a aparición dos efectos especiais dixitais. Dende simular unha vista exterior a través dunha fiestra en escenas rodadas en decorados interiores, ata a simulación de todo un "grandioso" decorado exterior.
Un método habitual (Matte en inglés) era pintar o "gran" exterior (cidades, ceo etc.) nunha táboa de madeira de poucos metros que se situaba relativamente preto da cámara pero ocupando só unha parte do encadramento, mentres que a escena real tiña lugar máis lonxe e ocupando o resto do encadramento da cámara; así, facendo coincidir o bordo do trompe-'œil pintado coa escena real, o efecto é que todo se desenvolvese nun grande escenario, cuxo custo de construción fose prohibitivo. Ata se podía chegar a ter todo o decorado como trompe-l'œil, ocupando todo o encadramento, e só a través dun oco nel tiña lugar a escena real.
Poderíase dicir que no cine para conseguir este efecto de ilusión óptica se xoga con elementos como a escala (dos distintos elementos que conforman a perspectiva) así como a distancia da cámara ao obxecto filmado e a profundidade de campo.
Unha variación é o método Schüfftan (polo seu inventor Eugen Schüfftan), no que diante da cámara o que se colocaba era un espello parcialmente transparente (quitando parte da película reflectora do espello). Na parte espellada reflectíase o trompe-l'œil e a través da parte transparente tiña lugar a escena real.
Trompe-l'œil na pintura Os pintores hiperrealistas utilizan con frecuencia esta técnica. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ilusión óptica Gian Lorenzo Bernini Luca Giordano Villard de Honnecourt Ligazóns externas Trompe-l'œil e pinturas murais de Paul Stoica Murais en cuadroscarta.com] Obras de Arola Right Angle Sidewalk Chalk Art, debuxos de Julian Beever Obras de Pigazo en Anarkasis Trampantojos anamórficos 3d múltiples Más de 1200 frescos murais de Francia e 10.000 fotos Trompe-l'œil en Madrid na asociación Amigos do Foro Cultural de Madrid aplicados á publicidade Below The Line
Categoría:Técnicas de pintura Categoría:Historia do cinema Categoría:Ilusións ópticas