Eu é é unha novela de Xurxo Borrazás, publicada por Sotelo Blanco en 1996. Foi cualificada como paradigma da narrativa posmoderna en Galiza.

Argumento Os dous protagonistas, un escritor de corenta anos e unha moza de dezanove a quen el recolle en Vigo facendo autostop, viaxan ata Lisboa e inician unha relación que se ve interrompida cando el se ve trasladado ao século XVIII, coincidindo co famoso terremoto de Lisboa de 1755. Os niveis temporais mestúranse con niveis ficcionais cando as peripecias dos personaxes da novela se ven enleados na acción do Cándido de Voltaire.

Traducións Ao castelán como Yo es el enemigo por Pablo de los Riscos Vázquez en 1998, publicada por Ed. Olalla, Col. DesórdenesEu é na BiTraGa..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1996 Categoría:Novelas en galego