miniatura|150px|Cara posterior do úmero esquerdo. O úmero (do latín umĕru) é un óso pertencente ao membro superior.
Estrutura Epífise superior Na epífise superior achamos varias estruturas óseas: Cabeza umeral: ten unha forma esférica e serve para artellarse coa escápula, constiuíndo a articulación externa do ombreiro. colo anatómico do úmero: nel insírese a cápsula da articulación glenoumeral. Troquíter: é unha zona de inserción externa, con tres facetas: superior, media e inferior, nas que se insiren respectivamente os músculo supraespiñal, músculo infraespiñal e redondo menor. Troquino: é unha estrutura interna na que se insire o músculo preescapular. Canle bicipital: queda entre o troquíter e troquino. Consta dunha zona afundida e dous beizos, un a cada lado. Pola zona afundida discorre o tendón curto do músculo bíceps braquial. No beizo interno insírese o tendón do músculo pectoral maior e no beizo externo o tendón do redondo maior.
Diáfise Presenta unha cara interna, unha externa e unha posterior. Cara interna: na zona superior insírese o músculo coracobraquial. Na zona inferior, o braquial anterior. Cara externa: na zona superior insírese o músculo deltoide formando un uve (uve deltoideo). Na zona inferior insírese o braquial anterior. Cara posterior: atópase atravesado pola canle radial, pola que discorre o nervio radial común, arteria umeral fonda e dúas veas satélite. A canle separa dúas superficies, nas que se insiren dúas das tres porcións do tríceps. Bordo anterior: é o bordo máis afiado dos tres. Nel áchanse febras de inserción do braquial anterior. Bordo externo: insírese o tabique osteofibrótico externo e, na parte máis caudal, os músculos supinador longo e primeiro radial externo. Bordo interno: insírese o tabique osteofibrótico interno.
Epífise inferior Presenta varias estruturas, unhas articulares e outras non articulares. De dentro a fóra son: Epicóndilo lateral ou epicóndilo
É un lugar de inserción de varios músculos: Músculo segundo radial externo. Músculo supinador curto. Músculo extensor dos dedos. Músculo extensor do dedo maimiño. Músculo cubital posterior. Músculo ancóneo. Cóndilo Artéllase coa epífise superior radial. Canle condilotroclear Por el desprázase o rebordo da cavidade glegnoidea do radio. Tróclea
Artéllase coa epífise superior do cúbito. Epicóndilo medial ou epitróclea
Ao igual có epicóndilo, é un lugar de inserción muscular. Nel atoparemos as insercións craniais de: Músculo pronador redondo. Músculo palmar longo. Músculo palmar curto. Músculo cubital anterior. Músculo flexor común superficial dos dedos da man. Músculo flexor común fondo dos dedos da man.
Pola parte posterior áchase a fosa olecraniana, mentres que pola parte anterior áchanse a fosa radial e a fosa coronoide.
Articulacións Craniais: articulación glenoumeral. Caudais: cóbado.
miniatura|150px|esquerda|Cara anterior do úmero esquerdo.
Notas
Umero