Shimonoseki (下関市, しものせきし, Shimonoseki-shi) é un concello xaponés da prefectura de Yamaguchi. Está situado no extremo oeste da prefectura e da rexión de Chūgoku, ó extremo oeste da illa de Honshū, na zona da provincia histórica de Nagato. Ten 716,06 km² de superficie, unha poboación de 283.356 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 396 hab./km². É a cidade máis poboada na prefectura de Yamaguchi.
O concello de Shimonoseki limita pola terra cos concellos de Nagato, Mine e San'yōonoda (que son da prefectura de Yamaguchi); e polo mar co concello de Kitakyushu (que é da prefectura de Fukuoka).
Historia Antigamente no barrio de Chōfu (長府) dentro do concello estaba situada a capital da provincia de Nagato. Chōfu significa a capital ou goberno provincial (国府) de Nagato (長門).
Turismo e lugares de interese Templo xintoísta de Akama-jingu (赤間神宮) Templo budista de Kōzan-ji (功山寺)
Galería de imaxes
Cidades irmandadas Santos(1971) Istanbul (1972) Busan (1976) Qingdao (1979) Pittsburg (1998) Kikugawa-shi Xapón
Véxase tamén
Ligazóns externas Lista de concellos do Xapón Sitio oficial da cidade de Shimonoseki
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Cidades do Xapón Categoría:Prefectura de Yamaguchi Categoría:Rexión de San'yō Categoría:Rexión de San'in