Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italianaMessi è cittadino italiano artigo do Corriere della sera do 3 de maio de 2019. . Xoga de dianteiro ou mediapunta no Inter de Miami da MLS dos Estados Unidos. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.

Amplamente considerado como un dos mellor futbolistas da historia, foi galardoado en nove ocasións co Balón de Ouro e recibiu en cinco ocasións a Bota de Ouro.

Traxectoria

Con nacionalidade arxentina e un mínimo de dous anos de residencia en España, Lionel Messi cumpría os requisitos esixidos pola lei para obter a dobre nacionalidade hispano-arxentina, que adquiriu en 2005. En 2007 quedou segundo na votación do FIFA World Player e terceiro na elección do Balón de Ouro. En 2008 foi campión de fútbol nos Xogos Olímpicos de 2008 coa súa selección, quedando esta vez en 2º posto na elección do Balón de Ouro e do FIFA World Player. En 2009 foi designado como Balón de Ouro, éxito que repetiu no 2010, 2011, 2012, 2015, 2021, 2023.

Tempada 2006-07 Ao inicio da tempada 2006/2007 Messi fixo goles moi importantes, como o do 27 de setembro fronte ao Werder Bremen, no segundo partido da fase de grupos da Champions league: a un minuto do final do tempo regulamentario, Messi materializou o empate. Mais, desgraciadamente, o 12 de novembro fronte ao Real Zaragoza sufriu unha lesión no quinto metatarsiano que o deixou fóra do equipo de Frank Rijkaard e dos terreos de xogo durante varios meses.

Xa recuperado da súa lesión, volveu ás canchas o 11 de febreiro, e o 10 de marzo de 2007 converteuse no heroe da xornada ao completar un hat-trick no empate 3-3 ante o Real Madrid, disputado no Camp Nou. Co Barcelona sempre debaixo no marcador, Messi logrou a igualdade no minuto 90. Dende había doce anos ningún xogador marcaba tres goles no Clásico español (o último fora Iván Zamorano nun 5-0 para o Madrid) e trece dende que non o facía un xogador do Barcelona (Romário nun 5-0 para o Barça).

A tempada seguiu adiante e o Barcelona non conseguiu ningún título, porén sería a mellor tempada de Messi até ese momento xa que ficou marcada polo seu famoso gol na Copa do Rei ante o Getafe CF, comparado co Gol do Século de Diego Armando Maradona. Poucos días despois de que finalizase a competición ligueira, Messi foi elixido Mellor Xogador Iberoamericano da Liga Española.

Tempada 2007-08 A tempada 2007/2008 seguiu adiante e o FC Barcelona non gañou título ningún, aínda que estivo moi preto de logralo, chegando a semifinais na Copa do Rei e na Liga de Campións. Porén, a tempada quedou marcada pola boa actuación do arxentino, que marcou mais de 10 goles na liga regular, 6 en champions e fixo unha boa actuación na Copa do Rei.

Selección nacional esquerda|miniatura|250px|Messi nun partido dos Xogos Olímpicos de Pequín contra o Brasil. Lionel Messi debutou na selección sub-20 da Arxentina en xuño de 2004, nun amigábel contra Paraguai. En xuño de 2005 gañou a Copa Mundial Sub-20, sendo o Bota de Ouro da competición con 6 goles e o Balón de Ouro como mellor xogador do Mundial.

Tras o seu impresionante Mundial sub-20, Messi foi convocado polo seleccionador arxentino José Pekerman para debutar coa selección absoluta. Fronte a Hungría, o 17 de agosto de 2005, saíu ao campo no minuto 63 e tan só 47 segundos despois foi expulsado polo árbitro Markus Merk tras agarrarse co defensor húngaro Vilmos Vanczák, nun fallo moi polémico.

Posteriormente debutou na Copa Mundial de Alemaña en 2006 no segundo partido de Arxentina, ante Serbia e Montenegro. Arxentina chegou ata os cuartos de final e o xogador disputou tres partidos e marcou 1 gol. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2008, en Pequín, nos que Arxentina gañou a medalla de ouro.

En 2010, participou en Suráfrica na súa segunda Copa do Mundo, na que Arxentina foi eliminada novamente nos cuartos de final. Leo Messi xogou cinco partidos e non marcou ningún gol. miniatura|250px|Messi encarando a portería na xogada que remontou, comparada co Gol do Século, fronte ao Getafe CF. Palmarés

Trofeos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga EspañolaFC BarcelonaEspaña2005Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2005Liga EspañolaFC BarcelonaEspaña2006Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2006Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009Liga EspañolaFC BarcelonaEspaña2009Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Liga EspañolaFC BarcelonaEspaña2010Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2010Liga EspañolaFC BarcelonaEspaña2011Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2011

Trofeos internacionais TítuloClub (*)PaísAnoCopa Mundial Sub-20Selección arxentinaPaíses Baixos2005Champions LeagueFC BarcelonaParís2006Ouro Xogos OlímpicosSelección arxentinaPequín2008Champions LeagueFC BarcelonaRoma2009Supercopa de EuropaFC BarcelonaMónaco2009Copa Mundial de ClubsFC BarcelonaAbu Zabi2009Champións LeagueFC BarcelonaLondres2011Supercopa de EuropaFC BarcelonaMónaco2011Copa Mundial de ClubsFC BarcelonaXapón2011

(*) Incluíndo a Selección

Outros TítuloClubPaísAnoCopa da AmizadeNewell's Old BoysPerú1997Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2006Copa Franz BeckenbauerFC BarcelonaAlemaña2007Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2007Copa CatalunyaFC BarcelonaEspaña2007Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2008Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2010Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2011

Distincións individuais

DistinciónAnoBalón de ouro no Mundial Xuvenil2005Bota de ouro no Mundial Xuvenil2005Premio Golden Boy2005Mellor xogador do Trofeo Joan Gamper2005Premio Clarín á Revelación do anoClarín - O raparigo de ouro . Consultado o 09.05.20102005Premio Olimpia de Ouro ao mellor deportista arxentino2011Premio Olimpia de Prata ao mellor xogador arxentino2005, 2007Premio FIFPro ao mellor xogador novo do mundo2006, 2007Premio FIFPro á promesa do ano2006Premio World Soccer ao mellor xogador novo do mundo2006, 2007, 2008Premio Don Balón - Mellor estranxeiro2007, 2009, 2010Trofeo EFE2007, 2009, 2010 Trofeo Bravo2007Balón de Bronce2007Mellor xogador novo da Copa América 20072007Segundo premio en Xogador Mundial da FIFA2007, 2008Incluído no once ideal do FIFProFIFpro.org - novas - 21.12.2009 Consultado o 28.12.2009.2007, 2008, 2009, 2010Realizador do mellor gol do ano pola UEFAMundo Deportivo - Palmarés Leo Messi . Consultado o 09.05.20102007Premio consagración do fútbol exterior (Premio Clarín)Premios Clarín - Gañadores '08 - Consultado o 09.05.20102007Deportista do Ano '07 de SI Latino2007Premio Protagonistas do deporte2008Premio Nacional do DeporteSport.es - Messi recibe o premio Nacional do Deporte . Consultado o 09.05.20102008Balón de Prata2008Incluído no once ideal da UEFA2008, 2009, 2010Premio Olimpia de Prata ao mellor xogador no exterior2008, 2009Marca Leyenda2009Goleador da Liga de Campións da UEFA2009, 2010, 2011Trofeo Alfredo Di Stéfano2009, 2010, 2011Trofeo Champions Número 12009Dianteiro do ano da UEFA2009Xogador do ano da UEFA2009Mellor Dianteiro da Liga BBVA Premios LFP2009Mellor Xogador da Liga BBVA Premios LFP2009Onze d'Or2009Balón de Ouro2009, 2010Premio World Soccer ao mellor xogador do mundo 2009Balón de Ouro da Copa Mundial de Clubs da FIFA2009Premio Toyota ao Mellor xogador da Final, Copa Mundial de Clubs da FIFA2009Primeiro premio ao Xogador Mundial da FIFA 2009Premio FIFA/FIFpro ao mellor xogador do mundo2009Incluído no once Ideal da revista L'equipeL'équipe type de l'année 2009 (en francés) consultado o 30.12.20092009Premio ao Mellor xogador de Europa do diario El País do Uruguai2009Incluído no once Ideal da Década polo diario inglés The SunThe Sun (en inglés) Accedido 01.01.2010 2009Incluído no once Ideal da UEFA2009, 2010, 2011Trofeo Pichichi 2010, 2012Bota de Ouro 2010FIFA Balón de Ouro 2010, 2011, 2012

Recoñecementos En 2026, recibiu o Premio Princesa de Asturias dos Deportes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do xogador Ficha de Messi no sitio oficial do Barcelona Ficha de datos no sitio da Asociación do Fútbol Arxentino

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Rosario Categoría:Futbolistas olímpicos da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona C Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Balón de Ouro Categoría:Bota de Ouro Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Arxentinos de ascendencia española Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Gañadores do Trofeo Pichichi Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2010 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2006 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2018 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América Categoría:Premios Princesa de Asturias dos Deportes Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026