Kakamigahara (各務原市, かかみがはらし, Kakamigahara-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado no centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai e ao sur da prefectura, no centro da illa de Honshū. Ten 87,77 km² de superficie, unha poboación de 145.479 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.660 h/km².
A cidade de Kakamigahara foi fundada pola fusión de 4 concellos de vilas do distrito de Inaba (Naka, Inaha, Unuma e Sohara) no ano 1963.
O concello de Kakamigahara limita cos concellos de Kasamatsu, Ginan, Gifu, Seki, Sakahogi (que son da prefectura de Gifu); Ichinomiya, Kōnan, Fusō e Inuyama (que son da prefectura de Aichi).
Cidades irmandadas Chuncheon, Gangwon, Corea do Sur (2003).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Categoría:Rexión de Chūbu Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón