O cabalo, ou egua se é femia, (Equus ferus caballus) é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos (Equidae), herbívoro, cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado. É unha das dúas subespecies existentes de Equus ferus ou cabalo salvaxe. O cabalo evolucionou ó longo dos pasados 45-55 millóns de anos dende o pequeno Hyracotherium ata o animal de hoxe en día. Os humanos comezaron a domesticar cabalos no 4000 a. C., e a súa doma crese que se estendeu no 3000 a. C. Os cabalos da subespecie caballus son domésticos, pero algunhas poboacións viven en liberdade ou semiliberdade. Estas poboacións de cabalos asilvestrados non son verdadeiros cabalos salvaxes, xa que este termo emprégase para describir cabalos que nunca foron domesticados, como o ameazado cabalo de Przewalski, unha subespecie separada e o único cabalo salvaxe que aínda existe.
A anatomía do cabalo permítelle facer uso da velocidade para escapar de depredadores e teñen un ben desenvolvido sentido do equilibrio e unha forte resposta de loita ou fuxida. Relacionado coa necesidade de fuxir de depredadores na vida salvaxe, os cabalos son quen de durmir tanto de pé como deitados. As femias, chamadas eguas, coidan das súas crías durante aproximadamente 11 meses, e un cabalo novo, chamado poldro, pode correr coa nai pouco tempo despois do nacemento. A maioría dos cabalos domesticados comezan a adestrarse coa cadeira de montar ou co arnés entre os dous e os catro anos. Acadan a madurez completa ós cinco anos, e chegan a vivir entre 25 e 30 anos.
As razas de cabalo divídense en tres categorías baseadas no seu temperamento: de "sangue quente e enérxicos" con velocidade e resistencia; "sangue frío", como o cabalo albardeiro e algúns ponis, axeitados para traballos lentos e pesados; e de "sangue morno", produto de cruces entre os de sangue quente e de sangue frío, centrándose a miúdo en crear razas para fins específicos de monta, especialmente en Europa. Existen máis de 300 razas de cabalo no mundo, desenvolvidas para diferentes usos.
Cabalos e humanos interveñen en gran cantidade de actividades competitivas e non competitivas, así como actividades de traballo como policía, agricultura, entretemento e terapia. Tamén foron historicamente usados na guerra, do cal desenvolvéronse unha ampla variedade de técnicas de equitación e condución, con moitos estilos diferentes de equipos e métodos de control. Por outra banda obtéñense moitos produtos destes animais, como a carne, o leite, pel, pelo, óso e os produtos farmacéuticos extraídos dos ouriños de eguas embarazadas.
Orixe Orixinalmente domesticado nas estepas do leste de Asia, a súa grande utilidade e alto valor militar propiciou que fose adoptado en toda Eurasia entre os anos 2500 e 2000 a. C. Os exploradores europeos que invadiron América no século XVI levárono consigo, logrando a súa adopción tanto polos pobos nativos coma nos asentamentos europeos.
Taxonomía e evolución miniatura|300px|De esquerda a dereita: Desenvolvemento de tamaño, cambios biométricos no cranio, redución de dedas (perna dianteira esquerda)
O cabalo adaptouse a sobrevivir en terreos abertos con vexetación escasa, habitando ecosistemas que outros grandes herbívoros, especialmente ruminantes, non poderían.Budiansky The Nature of Horses p. 31 Os cabalos e outros équidos pertencen á orde dos perisodáctilos, un grupo de mamíferos que foron dominantes durante o período Terciario. No pasado, está orde contiña 14 familias, pero só tres delas —Equidae (os cabalos e especies relacionadas), o tapir, e o rinoceronte— sobreviviron ata a actualidade.
O máis antigo membro da familia Equidae foi o Hyracotherium (denominado Eohippus nas clasificacións máis recentes), que viviu hai 45-55 millóns de anos, durante o Eoceno. Tiña catro dedas en cada pata dianteira, e 3 nas traseiras. A deda extra das patas dianteiras axiña desapareceu no Mesohippus, que viviu hai 32-37 millóns de anos. Co tempo, os dedos laterais dos pés reduciron o seu tamaño ata desaparecer. Todo o que queda deles nos cabalos modernos é un conxunto de pequenos ósos vestixiais por debaixo do xeonllo, coñecidos informalmente como ósos férula.Miller Understanding the Ancient Secrets of the Horse's Mind p. 20 Debido a este feito, as súas patas alongáronse, converténdose nun animal ungulado capaz de correr a gran velocidade. Hai 5 millóns de anos, o moderno Equus evolucionou. Os seus dentes tamén evolucionaron para se adaptar ó pasto de material vexetal seco e as gramíneas duras das chairas. Deste xeito, estes protocabalos pasaron de comer as follas dos bosques á herba que comen os habitantes das rexións semiáridas de todo o mundo, incluíndo a estepa de Eurasia e as Grandes Chairas de América do Norte.
Hai 15.000 anos, o Equus ferus foi unha especie holártica amplamente estendida. Ósos de cabalo deste período, o Plistoceno tardío, son atopados en Europa, Eurasia, Berinxia, e Norte América. Entre 10.000 e 7.600 anos atrás, o cabalo extínguese en América do Norte e noutros lugares raros. A razón da súa extinción é descoñecida, pero existe a teoría de que fose paralela coa chegada dos primeiros humanos ó continente. Outra teoría apunta ó cambio climático, sinalando que hai aproximadamente 12.500 anos, os pastos característicos do ecosistema de estepa deron paso a arbustos propios da tundra, que estaba cuberta de plantas non comestibles.
Especie salvaxe na actualidade miniatura|Pequena manda de cabalos de Przewalski.
Un verdadeiro cabalo salvaxe é unha especie ou subespecie con antepasados que nunca foron domesticados. Polo tanto, a maioría dos cabalos "salvaxes" hoxe en día son en realidade cabalos silvestres, animais que escaparon ou foron ceibados, incluíndo tamén os seus descendentes.Olsen "Horse Hunters of the Ice Age" Horses Through Time p. 46 Polo tanto só hai dúas subespecies que cumpren estas características, o tarpán e o cabalo de Przewalski, dos cales só sobreviviu ata a actualidade o segundo.
O cabalo de Przewalski (Equus ferus przewalskii), chamado así polo explorador ruso Nikolai Przhevalsky, é un animal raro e escaso. Tamén é coñecido como Cabalo salvaxe mongol; os mongois coñéceno como taki, e os kirguiz chámano kirtag. A subespecie extinguise en liberdade entre 1969 e 1992, só existindo pequenas poboacións en zoos por todo o mundo. En 1992, restableceuse en liberdade grazas ós esforzos de varios zoos por conservalo. Hoxe, só hai unha pequena poboación reprodutora en Mongolia.Dohner "Equines: Natural History" Encyclopedia of Historic Livestock and Poultry Breeds pp. 298–299 Tamén seguen habendo outros exemplares que aínda se manteñen nos zoolóxicos de todo o mundo.
O tarpán ou Cabalo Salvaxe Europeo (Equus ferus ferus) foi atopado en Europa e en Asia. Sobreviviu ata a era histórica, mais declarouse extinto en 1909, cando o derradeiro exemplar morreu nun zoo ruso.Dohner "Equines: Natural History" Encyclopedia of Historic Livestock and Poultry Breeds p. 300 Realizáronse numerosos intentos de recrear tarpán, que deron lugar a cabalos con grandes similitudes físicas, pero que descenden de cabalos domesticados e non son verdadeiros cabalos salvaxes.
Periodicamente, especúlase sobre o feito de que poboacións de cabalos en áreas illadas sexan os últimos redutos do cabalo salvaxe, pero sempre se probou que eran silvestres ou domesticados. Un exemplo disto foi o cabalo de Riwoche do Tíbet, o cal propúxose como tal, pero as investigacións feitas non revelaron diferenzas xenéticas cos cabalos domesticados.Peissel Tibet p. 36 De forma similar, o Sorraia de Portugal propúxose como descendente directo do Tarpán baseándose nas características que comparten,Edwards The Encyclopedia of the Horse pp. 104–105 pero os estudos xenéticos amosaron que o Sorraia está máis estreitamente relacionado con outras razas de cabalos.
Outros équidos modernos
Alén do cabalo, hai outras sete especies do genus Equus da familia Equidae. Estas especies son a cebra de montaña, Equus zebra; cebra da chaira, Equus quagga; cebra de Grévy, Equus grevyi; o asno salvaxe africano (incluíndo o burro doméstico), Equus africanus; o kiang, Equus kiang; e o onagro, Equus hemionus.
Os cabalos poden cruzarse con outros membros do seu genus. O híbrido máis común é a mula, un cruzamento entre un burro macho e unha egua. Un híbrido semellante é o burreño, un cruzamento entre un cabalo e un burro femia. Outro híbrido é o cebroide, un cruzamento entre unha cebra e un cabalo. Con raras excepcións, os híbridos son estériles e non poden reproducirse.
Domesticación
miniatura|dereita|Abeiros de pedra de Bhimbetka con pinturas de homes a cabalo, India A domesticación do cabalo tivo lugar en Asia central no 3500 a. C. Dúas grandes fontes de información son usadas para determinar onde e cando foi domesticado por primeira vez e como o cabalo doméstico se espallou polo mundo. A primeira fonte está baseada en descubrimentos paleontolóxicos e arqueolóxicos, a segunda fonte é a comparación do ADN obtido de cabalos modernos e do obtido dos ósos e dentes dos antigos. miniatura|Alejandro Pérez Lugín a cabalo. A máis antiga proba de domesticación do cabalo provén de Ucraína e Kazakhstán, que data aproximadamente do 3500 ou 4000 a. C.Outram, A.K., Stear, N.A., Bendrey, R., Olsen, S., Kasparov, A., Zaibert, V., Thorpe, N. and Evershed, R.P. 2009 The Earliest Horse Harnessing and Milking Science. 323(5919): 1332–1335Matossian Shaping World History p. 43 See also: No 3000 a. C., o cabalo estaba completamente domesticado e no 2000 a. C. houbo un forte aumento no número de ósos de cabalo que se atoparon nos asentamentos humanos do noroeste de Europa, o que indica a extensión dos cabalos domesticados en todo o continente.Evans Horse Breeding and Management p.56 A máis recente pero máis irrefutable proba de domesticación provén de lugares onde foron enterrados con carros, como as fosas das culturas de Sintashta e Petrovka (c. 2100 a. C.).
A domesticación tamén é estudada usando material xenético dos cabalos modernos e comparándoo co presente nos ósos e dentes dos restos arqueolóxicos e paleontolóxicos das escavacións. A variación no material xenético amosa que moi poucos sementais salvaxes contribuíron á formación do cabalo doméstico, mentres que moitas eguas foron parte dos primeiros rabaños domesticados. Isto reflíctese nas diferenzas de variación xenética entre o ADN que se transmite pola liña paterna (cromosoma Y) contra o pasado por liña materna, (ADN mitocondrial). Hai niveis moi baixos de variabilidade do cromosoma Y, pero unha gran cantidade de variación xenética no ADN mitocondrial. Tamén hai variacións xenéticas no ADN mitocondrial debido á inclusión de eguas salvaxes en rabaños domésticos. Outra característica da domesticación é o incremento da variación da cor do seu pelo.Epstein, H. 1955 Domestication Features in Animals as Functions of Human Society Agricultural History Society. 29(4): 137–146 Nos cabalos, incrementouse dramaticamente entre o 5000 e 3000 a. C.
Antes da dispoñibilidade de técnicas de ADN para resolver as cuestións relacionadas coa domesticación do cabalo, propuxéranse diversas hipóteses. Unha clasificación baseábase nos tipos de corpo e na súa conformación, habendo catro prototipos básicos que se terían adaptado ó seu medio ambiente antes da domesticación.Bennett Conquerors p. 7 Outra hipótese sostiña que os catro prototipos orixináronse a partir dunha única especie silvestre e que todos os diferentes tipos eran o resultado da cría selectiva após a domesticación.Edwards, G. The Arabian pp 1, 3
Poboacións silvestres