A Consellería de Xustiza e Interior foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa seguridade e coa relación coas administracións de Xustiza. Na actualidade, as súas competencias están recollidas dentro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Historia A consellería de Xustiza e Interior naceu coa propia Xunta, en 1982. Despois dun período de cambios políticos, con catro conselleiros en menos de dous anos, as súas competencias pasaron a ser recollidas pola Consellería de Presidencia. En 1993 Manuel Fraga recupera de novo a figura da consellería, que se mantén ininterrompidamente ata 2005, onde coa chegada do bipartito formado por socialistas e nacionalistas desaparece, sendo as súas competencias recollidas pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Conselleiros Xosé González Dopeso (1982). Conselleiro de Xustiza e Interior. Xosé Manuel Romay Beccaría (1982-1983). Vicepresidente da Xunta de Galicia. Xosé Luís Barreiro Rivas (1983). Conselleiro de Presidencia e Xustiza. Juan Luis Pía Martínez (1983). Conselleiro de Xustiza e Interior. Xoán Manuel Diz Guedes (1993-1996). Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións laborais. Xesús Palmou (1996-1999) Antonio Pillado (1999-2003) Xesús Palmou (2003-2005).

Xustiza e Interior Categoría:Xustiza