Hikone (彦根市, ひこねし, Hikone-shi) é un concello da prefectura de Shiga no Xapón. Está situado ao leste da prefectura, ao leste da rexión de Kinki e no centro-oeste da illa de Honshū. Ten 196,84 km² de superficie, unha poboación de 111.354 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 566 h/km².
O concello de Hikone limita cos concellos de Higashiōmi, Ryūō, Aishō, Toyosato, Kōra, Taga e Maibara.
Hikone era a capital do dominio de Hikone (彦根藩) do clan Ii (井伊氏) durante a época de Edo.
Turismo Castelo de Hikone (彦根城). Xardín de Genkyū-en (玄宮園).
Cidades irmandadas Takamatsu-shi, prefectura de Kagawa, Xapón. Ann Arbor, Míchigan, Estados Unidos. Xiangtan, Hunan, China.
Galería de imaxes
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hikone .
Categoría:Prefectura de Shiga Categoría:Concellos do Xapón