Pietro Aretino, nado en Arezzo o 20 de abril de 1492 e finado en Venecia o 21 de outubro de 1556, foi un escritor italiano.

Traxectoria

Estudou en Perugia e Roma, protexido por Agostino Chigi, rico banqueiro e patrón de Rafael, grazas ao que entrou en contacto co mundo literario da época. Aretino, na súa obra, describe con crueza e sarcasmo aos gobernantes e á curia papal, polo que sufriu desterros e castigos infamantes.

Protexido por León X, Federico II Gonzaga de Mantua e Clemente VII, despois dunha tentativa de asasinato en 1525 marchou ao norte de Italia, asentándose en Venecia. Foi amigo de Tiziano, quen pintou o seu retrato cando menos tres veces

Aretino é lembrado sobre todo polas súas cartas, que circularon amplamente en manuscritos ata que el as publicou.

Categoría:Escritores de Italia Categoría:Nados en Arezzo Categoría:Nados en 1492 Categoría:Finados en 1556