O Birmingham City Football Club é un club profesional fútbol con sede na cidade de Birmingham, Inglaterra. Fundado en 1875 como Small Heath Alliance, convertido en Small Heath en 1888, Birmingham in 1905, e finalmente en Birmingham City en 1943. Ao final de tempada 2008–09 o equipo ascendeu é da Football League First Division á Premier League, máxima categoría do fútbol inglés.

Co nome de Small Heath, foron membros fundadores e primeiros campións da historia da Football League Second Division. O período de máis éxito da historia do club foi durante a década de 1950 e primeiros anos da de 1960. Acadaron a súa mellor posición na First Division, daquela máxima categoría do fútbol inglés, na tempada 1955-56, acabando na sexta posición, chegando ademais á final de FA Cup ese mesmo ano, e á final da Copa de Feiras en 1960 e 1961, gañando finalmente o seu primeiro e único gran título, a League Cup, en 1963 despois de vencer aos seus veciños do Aston Villa por 3–1. O City ten xogado a meirande parte da súa historia na máxima categoría do fútbol inglés, sendo o seu maior período fóra da categoría entre os anos 1986 e 2002, incluídos dous breves descensos á terceira categoría.

O estadio St Andrew's é o seu terreo de xogo como local dende 1906. O equipo ten unha longa rivalidade co Aston Villa, o seu veciño máis próximo, co que xogan o coñecido como o "Birmingham Derby. O alcume do club é "The Blues", debido ás cores do seu uniforme, sendo os seus fans coñecidos como os "Bluenoses".

Xogadores Cadro actual Cadro actualizado a 17 de xaneiro de 2013.

Cedidos

Récords de xogadores Estatísticas a 23 de febreiro de 2010. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Birmingham City. Partidos xogados #NomePeríodoApariciónsGoles1 Gil Merrick1946–195955102 Frank Womack1908–192851503 Joe Bradford1920–19354452674 Ken Green1947–195844335 Johnny Crosbie1920–1932431726 Trevor Smith1953–196443037 Malcolm Beard1960–1970405338 Dan Tremelling1919–193139509 Malcolm Page1965–19803911010 Harry Hibbs1926–19393890

Máximos goleadores #NomePeríodoGolesApariciónsGoles por partido1 Joe Bradford1920–19352674452 Trevor Francis1970–19791333293 Peter Murphy1952–19601272784 Fred Wheldon1890–18961161755 George Briggs1924–19331073246 Billy Jones1901–1909/1912–19131022537 Geoff Vowden1964–1970942538 Eddy Brown1954–1958901859 Bob Latchford1969–1974 8419410 Bob McRoberts1898–190582187

Palmarés Nacional Liga Second Division: 4 1892–93, 1920–21, 1947–48, 1954–55 Third Division: 1 1994–95

Copas League Cup: 1 1963

Patrocinadores 1983 - 85: Ansells 1986 - 87: Co-op Milk 1987 - 88: PJ Evans] 1988 - 89: Evans Halshaw 1989 - 92: Mark One 1992 - 95: Triton Showers 1995 - 2001: Auto Wndscreens 2001 - 03: Phones4U* 2003 - 04: Flybe 2004 - 07: Flybe.com 2007 - 2011: F&C Investments 2011 - actualidade: Xendpay de RationalFX

Notas

Véxase tamén Outros artigos St Andrew's Aston Villa Birmingham

Ligazóns externas Sitio web oficial do Birmingham City Historia dos uniformes do Birmingham Estatísticas do club na web de BBC Sports