Horst Köhler, nado en Skierbieszów, Goberno Xeral, na actual Polonia, o 22 de febreiro de 1943 e finado en Berlín o 1 de febreiro de 2025, foi un economista e político, que foi Presidente da República Federal de Alemaña dende o 1 de xullo de 2004 até o 30 de xuño de 2010, tras deixar o cargo. Foi sucedido por Christian Wulff, político do seu mesmo partido, a Unión Demócrata Cristiá.

Horst Köhler era o sétimo de oito irmáns dunha familia granxeira de relixión protestante. Anteriormente fora director do Fondo Monetario Internacional, dende o 1 de maio de 2000 até o 4 de marzo de 2004, cando se lle comunicou que era candidato conxunto da CDU, CSU e FDP para o cargo de Presidente Federal de Alemaña.

Vida Horst Köhler naceu en Skierbieszów (Polonia) entón ocupada por Alemaña nazi, como o sétimo de oito fillos dunha familia de alemáns de Besarabia de Riscani, na Besarabia romanesa (preto de Bălţi, actual Moldova). Os seus pais, alemáns étnicos e cidadáns romaneses, deberon deixar Besarabia en 1940 a causa do Pacto Ribbentrop-Molotov que cedía Besarabia á Unión Soviética. Dende 1990, Köhler ocupou varias posicións dentro do goberno federal alemán. Foi subsecretario de Estado no Ministerio de Finanzas alemán de 1990 a 1993 e serviu como asesor do Chanceler Helmut Kohl na preparación de cumes do G7 e outras conferencias económicas internacionais. Entre 1993 e 1998 foi presidente da Asociación de Caixas de Aforros de Alemaña (Deutscher Sparkassen und Giroverband). En 1998 foi designado presidente do Banco Europeo para Reconstrución e Desenvolvemento.

No ano 2000, a proposta de Gerhard Schröder é elixido Director Xerente e Presidente do Consello de Dirección do Fondo Monetario Internacional, sucedendo no cargo a Michel Camdessus, que presentara a súa dimisión o 14 de febreiro dese ano. Foi designado para este cargo despois de que o primeiro candidato proposto polo goberno alemán, Caio Kai Koch-Weser, fóra rexeitado polos Estados Unidos. O 4 de marzo de 2004, Köhler dimitiu do seu posto no FMI despois de ser proposto como candidato dos partidos conservador e liberal, a CDU e o FDP, para suceder a Johannes Rau como presidente de Alemaña. Elixido o 23 de maio de 2004, tomou posesión do seu cargo como Bundespräsident o 1 de xullo de 2004 para un período de cinco anos. O FDP e CDU actualmente teñen a maioría na Bundesversammlung (Asemblea Federal), que é responsable da elección do presidente federal.

O 23 de maio de 2009 foi reelixido como presidente de Alemaña, manténdose no cargo un ano máis, até a súa dimisión o 31 de maio de 2010 tras ser fortemente criticado por unhas declaracións que fixo sobre a participación do exército alemán en Afganistán. A controversia desatouse o 22 de maio de 2010, cando nunha visita a Afganistán, o presidente deu a entender que a despregadura de tropas do Bundeswehr (exército alemán) nese país estaba motivada por intereses comerciais, no canto de por razóns de seguridade nacional:

Máis tarde asegurou que coas súas declaracións referíase á loita contra a pirataría nas costas de Somalia, pero ao non cesar a polémica, decidiu anunciar a súa renuncia o 31 de maio de 2010, xustificándoa pola "falta de respecto" cara á súa persoa debido ás fortes críticas que recibiu.

Notas

Categoría:Presidentes de Alemaña Categoría:Directores do Fondo Monetario Internacional Categoría:Nados en Lublin Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Alumnos da Universidade de Tubinga