Shaman é un programa (interface e infraestrutura) de KDE para a xestión de paquetes. Este programa actúa de parte intermediaria entre o usuario e o sistema de xestión de paquetes, permitindo xestionar software de distintos sistemas de xestión de paquetes coa mesma interface e similares funcionalidades. As súas funcionalidades son similares a outros xestores, coma Synaptic.
Orixe Orixinalmente Shaman era unha interface gráfica baseada en Qt4 para libalpm, a biblioteca de Pacman, que permite a instalación de paquetes de software en Arch Linux. Posteriormente, os seus desenvolvedores decidiron facer posible utilizalo xunta calquera sistema de paquetes.
Desenvolvemento Shaman está escrito en C e C++ cunha interface en Qt.
Aínda que o desenvolvemento de Shaman semella estar detido, continúa. Nestes momentos estase a traballar na súa segunda versión, que estará baseada nun sistema de engadidos que permitirán o seu uso en calquera sistema de paquetes utilizando distintas infraestruturas.
A aplicación está internacionalizada, polo que pode ser traducida a outras linguas. Porén, aínda non se traduciu ao galego.
Funcionalidades Entre as súas características cabe salientar: Extensible a calquera xestor de paquetes e integrado con eles. Deseño simple baseado en engadidos. Completamente asíncrono. Controlable mediante o uso de guións.
Funcionalidades planeadas En versións futuras, Shaman incorporará funcionalidades coma: integración con KRunner, trebello para o escritorio Plasma.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Chakra GNU/Linux
Ligazóns externas Código fonte.
Categoría:Aplicacións de xestión de software