Sete espadas (en , Qi jian) é unha película de Hong Kong, dirixida por Tsui Hark no 2005, e baseada na historia d´As sete espadas da montaña Tian (Qi Jian Xia Tian Shan). O elenco está encabezado por Donnie Yen, Leon Lai, Charlie Young e Sun Honglei. É un filme de acción ambientado na China do século XVII. Estreouse en galego na TVG o 4 de setembro de 2008.

Sinopse A dinastía Ching instaurase no imperio oriental ante unha gran revolta pola súa orixe manchú. Os focos rebeldes nacionalistas e anti-manchús que aparecen, obrigaron ao goberno a prohibir as artes marciais en todo o país. Sun Honglei (Vento de fogo), un ex oficial do exército da anterior dinastía, aproveita a oportunidade para gañar poder e atacar un enclave do norte chamado Vila Marcial. Un verdugo retirado, Fu Qingzhu, únese aos habitantes da vila para combater contra a tiranía de Sun Honglei. Para iso, viaxan até o Monte do Ceo e pídenlle axuda ao Mestre da Sombra Resplandecente.

Elenco

ActorPersonaxeDonnie YenChu ZhaonanLeon LaiYang YuncongLiu JialiangFu QingzhuCharlie YeungWu YuanyingLu YiHan ZhibangSun HongleiFeng Huo Lian Cheng (Vento de Lume)Kim So-YeonLüzhu (Perla Verde)Duncan ChowLing Weifeng (Mu Lang)Tai Li-WuXin LongziYu ChenghuiYue Mingke (Mestre Shadow-Glow)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Tsui Hark Categoría:Filmes con banda sonora de Kenji Kawai Categoría:Filmes wuxia Categoría:Filmes ambientados na dinastía Qing Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego