Jean-Baptiste Phạm Minh Mẫn (Gioan Baotixia Phạm Minh Mẫn), nado en Cà Mau o 5 de marzo de 1934 e finado en Cidade Ho Chi Minh o 22 de marzo de 2026, foi un relixioso vietnamita, cardeal católico e arcebispo emérito da arquidocese de Cidade Ho Chi Minh.

Traxectoria En 1946 entrou no seminario de Phnom Penh en Camboxa para volver a Vietnam en 1954 para estudar no seminario de Saigón filosofía e teoloxía. Foi profesor no instituto de Bạc Liêu entre 1957 e 1961, nese ano volveu a Saigón para proseguir os seus estudos de filosofía e teoloxía. En 1965 ordénase sacerdote e vai a Cân Tho como profesor do seu seminario. En 1968 o bispado enviouno a estudar na Universidade de Loyola nos Ánxeles, en 1971 volve a Vietnam e retoma as clases no seminario de Cân Tho. Despois do peche dos seminarios polas autoridades comunistas en 1976, Jean-Baptiste encargouse da formación sacerdotal. En 1988 cando o goberno autorizou a apertura dos seminarios foi elixido reitor do seminario de Cái Răng. En 1993 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo coadxuntor de Mỹ Tho e en 1998 arcebispo de Ho Chi Minh e en 2003 foi elevado a cardeal.

Categoría:Bispos católicos de Vietnam Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Nados en Cà Mau Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais de Vietnam Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Membros da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos