Terneuzen é unha cidade e un concello ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia, no medio do Flandres Zelandés. Con arredor de 55.000 habitantes é o concello máis populoso de Zelandia. Xeografía

Demografía

Núcleos de poboación miniatura|esquerda|140px|Casa do Concello miniatura|esquerda|140px|Vista da cidade Terneuzen (poboación: 24.150) Axel (8.274) Sas van Gent (4.000) Zaamslag (3.018) Hoek (3.000) Koewacht (2.700) Sluiskil (2.700) Philippine (2.200) Westdorpe (2.028) Biervliet (1.671) Zuiddorpe (1.000) Zandstraat (379) Spui (300) Overslag (250)

Historia

A cidade de Terneuzen A cidade de Terneuzen, atópase na beira sur do estuario Westerschelde. Pódese chegar dende o resto dos Países Baixos a través do túnel Westerschelde, que abriu as súas portas en marzo de 2003.

Mencionada por primeira vez en 1325, Terneuzen é un porto estratexicamente situado nas vías navegábeis de Gante, na actual Bélxica. Hoxe en día a canle Gante-Terneuzen, segue sendo unha importante ruta de transporte marítimo. O porto de Terneuzen é o terceiro máis grande nos Países Baixos, despois dos de Rotterdam e Ámsterdan. A maior planta de Dow Chemical Company fóra dos Estados Unidos atópase na cidade, no lado oeste da canle Gante-Terneuzen.

A tradición afirma que foi Terneuzen foi unha vez o fogar do lendario Holandés Errante (The Flying Dutchman), Van der Decken, un capitán que maldiciu a Deus e foi condenado a sucar os mares para sempre, como se describe na novela de Frederick Marryat, O buque pantasma e a ópera de Richard Wagner.

Recibiu en 1584 os dereitos de cidade. Antes de 1877, a cidade era chamada a miúdo Neuzen.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Porto de Terneuzen

Categoría:Cidades dos Países Baixos Categoría:Concellos de Zelandia