Nomi (能美市, のみし, Nomi-shi) é un concello da prefectura de Ishikawa no Xapón. Está situado ó sur da prefectura, na área da provincia histórica de Kaga, e ó norte da rexión de Chūbu e na rexión de Hokuriku, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 83,85 km², a poboación é de 48.340 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 577 h/km².

Nomi limita cos concellos de Komatsu, Hakusan e Kawakita.

Historia A cidade de Nomi foi fundada pola fusión de 3 concellos de vilas do distrito de Nomi (Neagari, Terai e Tatsunokuchi) no ano 2005.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nomi .

Categoría:Prefectura de Ishikawa Categoría:Rexión de Hokuriku Categoría:Concellos do Xapón