Tsukuba (つくば市, つくばし, Tsukuba-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ibaraki. Está situado no centro da rexión de Kanto e no suroeste da prefectura, na zona de provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 284,07 km², a poboación é de 209.388 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 737 hab./km².

A cidade de Tsukuba foi fundada pola fusión de 3 concellos de vila do ditrito de Tsukuba e un concello de aldea do distrito de Niihari no ano 1987. O concello de Tsukuba limita cos concellos de Tsukubamirai, Jōsō, Shimotsuma, Chikusei, Sakuragawa, Ishioka, Tsuchiura, Ushiku e Ryūgasaki.

Universidades Universidade de Tsukuba (筑波大学)

Categoría:Rexión de Kantō Categoría:Concellos do Xapón