miniatura|Poemas de Álvarez de Villasandino no Cancioneiro de Baena.

Alfonso Álvarez de Villasandino, tamén coñecido por Álvarez de Toledo y de Illescas, nado en Villasandino (provincia de Burgos) a mediados do século XIV e finado en 1424, foi un poeta castelán en lingua galega e castelá.

No Cancioneiro de Baena consérvanse máis de cen composicións súas, das que 22 están en galego (28 contando as dubidosas) e o resto en castelán. Durante polo menos catro anos, a cidade de Sevilla pagoulle cen dobras de ouro por compoñer cancións que en Nadal eran cantadas por xograres ante os oficiais do cabido.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Castela e León en lingua galega Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Nados en Villasandino Categoría:Finados en 1424