Manel Loureiro Doval, nado en Pontevedra o 30 de decembro de 1975, é un avogado e escritor en castelán de literatura fantástica.

Traxectoria É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive e traballa en Pontevedra, onde exerceu a avogacía ata dedicarse en exclusiva á escrita. Durante anos residiu en Santiago de Compostela, traballando como guionista e presentador de diversos programas da Televisión de Galicia. É colaborador habitual da Cadena SER e Diario de PontevedraFicha sobre o autor na web sobre a novela El último pasajero ., ABC, El Mundo, Radio Nacional de España e a revista GQ (edición española).

Desde 2016 ten unha sección no programa de La Cuatro Cuarto Milenio, e desde 2020 na TVG.

É fillo de Manuel Loureiro Adán, que foi alcalde do Concello de Cotobade.

Traxectoria literaria A súa primeira novela, Apocalipsis Z, é un thriller que comezou como un blog en Internet, que foi publicada pola Editorial Dolmen en España en 2007 e posteriormente reeditada por Plaza&Janés. Tamén lanzou, financiado mediante crowdfunding, un xogo de mesa baseado nel. As súas seguintes novelas, Los días escuros e La ira de los xustos foron publicadas por Plaza & Janés, editora do grupo Random House Mondadori. Estas dúas novelas continúan e completan a historia orixinada no Apocalipsis Z.

As súas novelas foron traducidas a máis de vinte idiomas.​ Vendeu máis de 200.000 exemplares nos Estados Unidos. Manel Loureiro é un dos poucos autores contemporáneos en castelán que conseguiu superar a barreira dos 200.000 exemplares vendidos no Estados Unidos , xunto con Juan Gómez-Jurado, Javier Sierra e Carlos Ruiz Zafón.

A súa novela El último pasajero (Planeta, 2013) foi unha das máis vendidas de 2013 en España. Ademais, a edición en inglés deste libro pasou unha semana no 'top' das vendas absolutas nos Estados Unidos, sendo a primeira vez que un autor español consegue situarse na lista de máis vendidos con reservas previas.​El último pasajero tamén é o único título dun autor non estadounidense que figura entre os 100 libros máis vendidos nos Estados Unidos.

Hai proxectos para adaptar algunhas das súas novelas ao cine. A obra Apocalipsis Z foi acusada por un blog de plaxio en castelán de partes dunha web en inglés anteriores á novela, pioneira no esquema proposto por Loureiro. Loureiro participa na iniciativa 1libro1euro nas redes sociais, que consiste nunha web na que varios autores poñen a disposición do público libros da súa autoría e piden unha doazón de 1 euro a favor de Save the Children.

En La Puerta (2020) aparece o cadáver dunha moza asasinada mediante un antigo ritual diante da Porta do Alén, na terra do autor.

Cuando la tormenta pase (2024): varado na illa de Ons, Roberto Lobeira non ten ningunha posibilidade de chegar a terra firme nin de comunicarse co mundo exterior debido a unha tormenta que parece ser o preludio dunha traxedia.

En Antes de que todo cambie (2026) trátase de asasinar dun golpe maxistral a todos os líderes da Unión Europea durante unha cimeira extraordinaria que se celebrará na illa da Toxa.

Ten declarado que Galicia é un personaxe omnipresente en todos os seus libros.

Obra narrativa Apocalipse Z. O comezo da fin (2013). Urco Editora. Tradución de Tomás González. 386 páxs. ISBN 978-84-15699-40-8. (Apocalipsis Z. El comienzo del fin, Dolmen, 2007) Apocalipse Z. Os días escuros (2013). Urco Editora. Tradución de Tomás González. ISBN 978-84-15699-44-6. 365 páxs. (Apocalipsis Z. Los días oscuros. Plaza&Janés, 2009) Apocalipse Z. A ira dos xustos (2015). Urco Editora. Tradución de Tomás González. 442 páxs. ISBN 978-84-15699-54-5. (Apocalipsis Z. La ira de los justos, Barcelona: Planeta. 2010) El último pasajero (2013). Barcelona: Planeta. 448 páxs. ISBN 9788408112495. Fulgor (2015). Barcelona: Planeta. 488 páxs. ISBN 9788408138334. Veinte (2017). Barcelona: Planeta. 608 páxs. ISBN 9788408165149. La Puerta (2020). Barcelona: Planeta. 352 páxs. ISBN 9788408233206. La ladrona de huesos (2022). Barcelona: Planeta. 504 páxs. ISBN 9788408257332. Sobre un suposto roubo dos ósos do Apóstolo Santiago. Cuando la tormenta pase (2024). Barcelona: Planeta. 480 páxs. ISBN 978-84-08-29004-9. Antes de que todo cambie (2026). Barcelona: Planeta. 448 páxs. ISBN 978-84-08-31996-2.

Premios

En maio de 2024 gañou a XXVIII edición do Premio de Novela Fernando Lara, dotado con 120.000 euros, coa obra Cuando la tormenta pase. A acción desenvólvese na Illa de Ons. Premio Cidade de Pontevedra 2024.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1975