Sébastien Buemi (nado o 31 de outubro de 1988 en Aigle, Cantón de Vaud, Suíza) é un piloto de Fórmula 1 que forma parte de Red Bull Racing. Residente en Bahrain, antes de chegar á máxima categoría do automobilismo correu na Fórmula BMW, nas F3 Euroseries, onde foi subcampión en 2007, e na GP2, sendo campión da GP2 Asia no 2008.

Carreira Fórmula BMW Logo de correr en karting, Buemi correu na Fórmula BMW alemá en 2004 e 2005, terminando terceiro e segundo no campionato, respectivamente. Tamén foi finalista na final da FBMW Mundial de 2005.

Fórmula Tres Logo dunha única carreira na Fórmula Tres española en 2005, Buemi pasou á Fórmula Tres Euroseries de 2006, terminando 12º no campionato. Permaneceu na serie de 2007, e terminou segundo no campionato, por detrás de Romain Grosjean. El tamén competiu nas carreiras especiais de Masters of Fórmula 3 e Gran Premio de Macau.

A1 Grand Prix Para a tempada 2006-07 de A1 Grand Prix, Buemi compartiu as tarefas de pilotaxe para o A1 Team Suíza con Neel Jani e Marcel Fässler. O equipo terminou oitavo no campionato.

GP2 Series

miniatura| right | Buemi pilotando un Arden International en Silverstone na GP2 Series de 2008

Buemi foi preparado nun curto prazo de tempo para substituír o lesionado Michael Ammermüller en ART Grand Prix para a carreira de Mónaco da tempada 2007 da GP2 Series. Actuou honrosamente no seu debut na GP2, cualificando cuarto e terminando sétimo. Uniuse ao equipo Arden International para a tempada 2008 da GP2 Asia Series, e terminou en segunda posición cunha vitoria e catro segundos postos. Continuou co equipo na tempada 2008 das GP2 Series. Anotou a súa primeira vitoria na carreira de velocidade francesa, partindo da posición 21 na grella. Gañou unha carreira máis e terminou a tempada sexto no campionato.

Fórmula Un

O 18 de setembro de 2007 pilotou o Red Bull RB3 na sesión de probas de F1 en Xerez. Foi o terceiro máis rápido no día, detrás de Timo Glock ( BMW) e Vitantonio Liuzzi (Scuderia Toro Rosso) e por diante de nomes como Rubens Barrichello ( Honda) e Nelson Piquet Jr. ( Renault). O 16 de xaneiro de 2008 Red Bull Racing confirmou a Buemi como piloto de probas e de reserva para a tempada de Fórmula Un de .

Scuderia Touro Rosso (2009-2011) 2009 miniatura| right | Buemi durante os adestramentos libres no Gran Premio de España de 2009 Toro Rosso confirmou o 9 de xaneiro de 2009 a firma de Buemi como un dos seus pilotos. Foi o primeiro suízo en tomar parte nunha carreira de F1 desde Jean-Denis Délétraz pilotando un Pacific no Gran Premio de Europa de 1995.

Na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia de 2009, Buemi cualificou por riba do seu compañeiro de equipo Sébastien Bourdais e logo anotou un punto na carreira ao terminar en oitava posición. Máis tarde foi promovido ao sétimo lugar como resultado da descualificación de Lewis Hamilton. No Gran Premio da China, marcou outro punto, esta vez en mollado, terminando oitavo logo de comezar décimo. Logo dunha non moi boa metade de tempada, Buemi logra no final da mesma terminar sétimo no Gran Premio do Brasil de 2009, e un oitavo posto en Abu Dhabi. Buemi terminou o ano décimo sexto con 6 puntos.

2010 miniatura| left | Buemi pilotando o Toro Rosso STR5 durante a práctica de Gran Premio de España de 2010 O 9 de novembro de 2009, confirmouse que Buemi seguiría por unha segunda tempada con Toro Rosso.

Buemi terminou o con oito puntos e o seu compañeiro Alguersuari cinco. Foi décimo sexto de novo no campionato de pilotos.

2011 Buemi, xunto co seu compañeiro de equipo Jaime Alguersuari, seguiu na Scuderia Toro Rosso en . O 14 de decembro de 2011, anunciouse que tanto Buemi e Alguersuari foron retirados do equipo, e que serían substituídos por Daniel Ricciardo e Jean-Éric Vergne para a tempada .

Red Bull Racing (2012 -) 2012 En xaneiro de 2012 anunciouse que se reintegraría en Red Bull Racing como piloto de probas e de reserva para a tempada , así como piloto de reserva de Toro Rosso.

Vida persoal Buemi vive coa súa familia e a súa noiva Jennifer en Bahrain."Sébastien Buemi to stay in tax-free Bahrain" Auto123.com 2009-01-16. Retrieved 2009-04-25.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Pos. Puntos Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR4 Ferrari 056 2.4 V8 AUS7 MAL16 CHN8 BHR17 ESPRet MONRet TUR15 RU18 ALE16 HUN16 EURRet BEL12 ITA13 SINRet XPNRet BRA7 ABU8 16º 6 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR5 Ferrari 056 2.4 V8 BHR16 AUSRet MAL11 CHNRet ESPRet MON10 TUR16 CAN8 EUR9 RU12 ALERet HUN12 BEL12 ITA11 SIN14 XPN10 CORRet BRA13 ABU15 16º 8 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR6 Ferrari 056 2.4 V8 AUS8 MAL13 CHN14 TUR9 ESP14 MON10 CAN10 EUR13 RURet ALE15 HUN8 BELRet ITA10 SIN12 XPNRet COR9 INDRet ABURet BRA12 15º 15

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suíza Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Toro Rosso Categoría:Suízos de ascendencia italiana Categoría:Nados en Suíza