miniatura|300px| miniatura|300px|Ampliación, 1957 a 2020
As Comunidades Europeas, fundadas nos anos 50 do século XX, contaban orixinalmente con seis estados fundadores. A Unión Europea (UE) é o resultado da ampliación de contidos dos antigos tratados constitutivos daquelas Comunidades Europeas e das sucesivas ampliacións coa adhesión de novos estados membros. De aí que medrase ata os 27 membros, amais de existir varios estados cursando a súa solicitude de adhesión para vindeiras datas.
Para a incorporación dun Estado europeo á Unión Europea, este debe cumprir unhas condicións económicas e políticas coñecidas como os criterios de Copenhaguen, por terse tomado o correspondente acordo no Consello Europeo de 1993 celebrado na capital dinamarquesa. Porén, a bandeira da Unión Europea (círculo de doce estrelas amarelas sobre fondo azul) foi adoptada pola entón Comunidade Económica Europea en 1985, e o seu número de estrelas foi e será invariablemente de doce, é dicir, non ten vencello ningún co número de estados da Unión.
Cronoloxía das ampliacións + Aplicacións de acceso* Aplicante Petición Ingreso/suspensión Albania 28 de abril de 2009 (aínda non é candidato oficial) Austria 17 de xullo de 1989 1 de xaneiro de 1995 Bélxica N/A 23 de xullo de 1952 Bulgaria 14 de decembro de 1995 1 de xaneiro de 2007 Croacia 21 de febreiro de 2003 1 de xullo de 2013 Chipre 3 de xullo de 1990 1 de maio de 2004 República Checa 17 de xaneiro de 1996 1 de maio de 2004 Dinamarca 10 de agosto de 1961 VéxaseRetirada debido ao veto do R.U.
11 de maio de 1967 1 de xaneiro de 1973 Eslovaquia 27 de xuño de 1995 1 de maio de 2004 Eslovenia 10 de xuño de 1996 1 de maio de 2004 España 28 de xuño de 1977 1 de xaneiro de 1986 Estonia 24 de novembro de 1995 1 de maio de 2004 Finlandia 18 de marzo de 1992 1 de xaneiro de 1995 Francia N/A 23 de xullo de 1952 Grecia 12 de xuño de 1975 1 de xaneiro de 1981 Hungría 31 de marzo de 1994 1 de maio de 2004 Irlanda 31 de xullo de 1961 VéxaseRetirada debido ao veto do RU
11 de maio de 1967 1 de xaneiro de 1973 Italia N/A 23 de xullo de 1952 Letonia 13 de setembro de 1995 1 de maio de 2004 Lituania 8 de decembro de 1995 1 de maio de 2004 Luxemburgo N/A 23 de xullo de 1952 Macedonia do Norte 22 de marzo de 2004 candidato oficial Malta 3 de xullo de 1990 1 de maio de 2004 Marrocos 20 de xullo de 1987 VéxaseRexeitado poloConsello europeo |- ! style="line-height:92%; text-align:left" | Montenegro | style="line-height:92%; text-align:right" | 15 de decembro de 2008 | style="line-height:92%; text-align:right; background:#FFFFBB" | (aínda non é candidato oficial)
Noruega 30 de abril de 1962 VéxaseRetirada debido ao veto do RU
21 de xullo de 1967 VéxaseRexeitado por Noruegaen referendo
25 de novembro de 1992 VéxaseRexeitado por Noruegaen referendo
Países Baixos N/A 23 de xullo de 1952 Polonia 5 de abril de 1994 1 de maio de 2004 Portugal 28 de marzo de 1977 1 de xaneiro de 1986 Reino Unido 10 de agosto de 1961 VéxaseVetado
10 de maio de 1967 1 de xaneiro de 1973 Romanía 22 de xuño de 1995 1 de xaneiro de 2007 Suecia 1 de xullo de 1991 1 de xaneiro de 1995 Suíza 25 de maio de 1992 VéxaseEn parálise debido áopinión pública
Turquía 14 de abril de 1987 en negociacións Alemaña do lesteO 3 de outubro de 1990, Alemaña do leste uníuse á Alemaña do oeste a través da Reunificación alemá; dende entón, a Alemaña unida é un só estado. N/A 23 de xullo de 1952 * Aplicacións de acceso á Comunidade europea do carbón e do aceiro,Comunidade europea e Unión Europea segundo a data.
Membros fundadores A Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA) foi proposta por Robert Schuman na súa declaración do 9 de maio de 1950 na que pretendía establecer un mercado común do carbón e do aceiro, suprimindo aranceis, subvencións nacionais ou medidas discriminatorias, para asegurar así a libre competencia do sector, cun abaratamento dos prezos e un fornecemento ininterrompido entre as industrias de Francia e da Alemaña occidental. Axiña uníronse a este proxecto os país do Benelux: Bélxica, Luxemburgo e mailos Países Baixos, quen xa acadaran un grao relevante de integración entre eles. A estes países uniuse Italia, feito rubricado coa sinatura do Tratado de París o 23 de xullo de 1952. A comunidade sufriu algunhas perdas no seu territorio por mor da descolonización. Alxeria, que formaba parte integrante de Francia e xa que logo da Comunidade, obtivo a independencia o 5 de xullo de 1962, polo que saíu da Comunidade. Non houbo máis ampliacións ata a década de 1970. O Reino Unido, que anteriormente se negara a unirse, mudou a súa política trala crise de Suez presentando entón a súa aplicación ás Comunidades. No entanto, o presidente francés Charles de Gaulle vetou a adhesión de Gran Bretaña por temor á influencia estadounidense no país.
Primeira ampliación Así que de Gaulle deixou o seu cargo, a porta para a ampliación foi aberta de novo. Xunto co Reino Unido, Dinamarca, Irlanda e mais Noruega aplicaron e foron admitidas; porén o goberno noruegués desbotou a posibilidade de unirse á Comunidade debido á resposta negativa dos noruegueses nun referendo celebrado no país, xaora o país non entrou xunto cos outros o 1 de xaneiro de 1973. Xibraltar, Territorio Británico de Ultramar, non se uniu á Comunidade xunto co Reino Unido, o que levou a fondas discusións con España sobre o status internacional do territorio.
Antes da súa entrada, houbo unha forte oposición por parte do executivo francés á incorporación do Reino Unido. Só puido ser posíbel despois de que de Gaulle deixase o seu posto e o primeiro ministro británico Edward Heath e mailo presidente francés George Pompidou tivesen unha conversa de 12 horas para que a terceira petición do Reino Unido foi aceptada.http://www.upi.com/Audio/Year_in_Review/Events-of-1971/12295509436546-1/#title "1971 Year in Review, UPI.com" Despois de que Gran Bretaña fose aceptada o primeiro ministro Edward Heath dixo: "Pola miña parte, non teño dúbida ningunha de que a conversa que tivemos vai probar a certeza do beneficio, non só para Gran Bretaña e Francia, senón tamén para o resto de Europa."
A década de 1970 viu tamén a restauración da democracia en Grecia, España e Portugal. Grecia uniuse en 1981 e os dous estados ibéricos en 1986. No ano 1985 produciuse a única ocasión na que un país decidiu abandonar a Comunidade, acontecida cando Groenlandia obtivo a autonomía de Dinamarca, facendo daquela uso dos seus novos poderes e votando a súa saída da Comunidade. Marrocos e Turquía cursaron cadansúa solicitude de entrada no ano 1987; Marrocos foi rexeitado xa que non se considera parte do Continente europeo, namentres que a petición de Turquía foi aceptada, mais non foi ata o ano 2000 que o país recibiu o status de candidato, comezando no 2004 as súas negociacións coa UE. Actualmente un terzo dos capítulos das negociacións con Turquía xa foron abertos.
Post Guerra fría miniatura|esquerda|A caída do Pano de aceiro permitiu a expansión cara ao leste. (Muro de Berlín)
Etre 1989 e 1990 a Guerra fría rematou, o 3 de outubro de 1990 a Alemaña Oriental e a do Oeste reunificáronse, converténdose así o leste alemán en parta da Comunidade. A comunidade converteuse máis adiante na Unión Europea trala sinatura do Tratado de Maastricht no ano 1993. En parte debido ao fin das tensións da Guerra fría, os estados membros da EFTA facendo fronteira co bloque do leste aplicaron para unirse á Comunidade. O 1 de xaneiro de 1995 Austria, Finlandia e Suecia uníronse á UE na cuarta expansión na súa historia. O goberno noruegués volveu perder o segundo referendo para entrar na UE.
A fin da Guerra fría e maila occidentalización da Europa do leste levaron á UE a establecer unha serie de estándares para os novos países que quixesen entrar na UE. Estas regras, coñecidas como Criterios de Copenhagen, estableceron que un país con intención de unirse á Unión Europea deberá estar rexido por unha democracia, operar nun mercado libre e estar disposto a adoptar o corpo enteiro das Leis da UE.
Ampliación do bloque do leste Oito países da Europa continental (República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Eslovaquia, e Eslovenia), e mailas illas Mediterráneas de Malta e Chipre, uníronse á UE o 1 de maio do ano 2004. Esta foi a meirande ampliación en termos tanto humanos como de territorio, mais a menor no tocante ao PIB. A natureza pouco desenvolvida destes países inquietou a algúns dos vellos membros da UE, que estableceron restricións nas viaxes e dereitos de traballo dos cidadáns do leste que fosen a estes países. A migración que tivo lugar coa ampliación contribuíu a espallar algúns estereotipos (coma o do "Fontaneiro polaco"), a pesar dos beneficios que estes traballadores achegaron aos países aos que marcharon traballar.
O 1 de xaneiro de 2007 tivo lugar a sexta ampliación ao ingresaren Romanía e mais Bulgaria,A Unión crece até os 500 millóns de europeos Galicia Hoxe, 02/01/2007. Consultada o 02/06/2009 países que segundo a Comisión europea non estaban preparados para entrar no 2004. Ao igual cós países que ingresaron no 2004, Bulgaria e Romanía sufriron do mesmo xeito algunhas restricións. A falta de progreso nalgunhas áreas fixo que a UE os avisase de que ían ser vixiados severamente en tres puntos críticos: a corrupción e o crime organizado, o uso dos fondos europeos e a seguridade alimentaria.A UE aproba a entrada de Romanía e Bulgaria en xaneiro do 2007 Vieiros.com, 27/09/2006. Consultada o 28/05/09 Segundo o sitio oficial da Comisión Europea, a sinatura do tratado de adhesión de Romanía e Bulgaria "completa a quinta ampliación da UE". Xaora, a ampliación do 2004 constituíu a primeira fase da Quinta ampliación. Recentemente Elmar Brok, membro alemán do Parlamento Europeo e presidente do Comité de Asuntos Exteriores do Parlamento Europeo, engadiu "Nós non pensamos que Croacia sexa parte da futura ampliación da UE. Croacia constitúe a derradeira ampliación en curso da ampliación segundo a fórmula de 10 máis 2 máis 1."
Candidatos á adhesión Turquía
O 6 de outubro do ano 2004, a Comisión Europea deu o visto e prace a Turquía e recomendou ao Consello da Unión Europea comezar as negociacións para o ingreso de Turquía na UE. O 29 de outubro do mesmo ano, os membros do consello da UE asinaron en Roma o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, cuxo proxecto foi aprobado o 18 de xuño anterior. Recep Tayyip Erdogan asinouno en representación de Turquía. O 3 de outubro de 2005 comezáronse formalmente as negociacións aínda que como Macedonia, Turquía debe resolver temas con Grecia e admitir que foi a culpable do Xenocidio Armenio. Outra problemática é a turcochipriota, que se agarda resolva no momento no que as dúas comunidades que viven na illa de Chipre (grega ao sur e turca ao norte) cheguen a un acordo que posibilite a súa fusión nunha federación. Tras un parón nas negociacións debido a problemas internos do país, Turquía segue a realizar importantes reformas a fin de posibilitar a súa entrada definitiva na UE o antes posible. Na actualidade estanse a levar a cabo mudanzas significativas na súa constitución que favorecen a liberdade de prensa, relixiosa e respecto ás minorías. En xaneiro de 2009, o primeiro ministro turco pediu á Unión que axilizase as negociacións e que abrise novos capítulos, como o enerxético, básico para a estratexia europea de conseguir gas do Caspio. Referíase ao Proxecto Nabucco, gasoduto que transcorrerá por Turquía e trasladará o gas azerí cara a Europa.
Macedonia do Norte Macedonia do Norte obtivo en decembro de 2005 o status de candidato oficial despois de telo solicitado formalmente en xaneiro de 2004. As negociacións aínda non comezaron. O país debe resolver tamén as súas disputas con Grecia antes de que se poida chegar a unha decisión.
Islandia
miniatura|dereita|Reiquiavik, Islandia.