Mariano Casas Gil, nado en Madrid en 1971, é un artista galego.
Traxectoria Despois de estudar en Barcelona, licenciouse en Belas Artes por Pontevedra (Universidade de Vigo). Mariano Casas é pintor, debuxante de banda deseñada, realizador de curtametraxes e profesor de Educación Plástica e Visual no CPI de Touro dende o 2002-2003. Vive en Santiago de Compostela, onde posúe un estudio aberto ao público.
Ten acadado diversos premios en concursos de pintura, carteis etc. No ano 2008 acadou o prestixioso Premio Castelao de Banda DeseñadaHistorial de persoas gañadoras. Tamén practica o audiovisual, con numerosas curtas, algunhas animacións, e o documental 15.000 horas
Mariano Casas é un dos tres fundadores do Movemento Hartista.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en www.galegos.info Blog sobre o seu estudio e últimos traballos artísticos
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1971