Televigo foi a primeira televisión local con sede en Vigo. Nada en 1995, era propiedade da sociedade Tranvías Eléctricos de Vigo, e non tiña relación con ningún outro grupo de comunicación local. Televigo emitía sen licenzaen TDT sen liceza" Código Cero, 6/7/2010., a través da Televisión Dixital Terrestre, TDT, dende o día 12 de maio na canle 32.

En marzo de 2011 anova a súa páxina web, cunha interface moito máis moderna e coa posibilidade de ver a canle en directo ou recuperar algúns dos programas en diferido.

Interrompeu as emisións o 10 de outubro de 2014. O 1 de decembro do mesmo ano retomou as emisións co nome provisional de La Tele de Vigo para despois volver adoptar o nome orixinal o 18 de marzo de 2015, o 30 de setembro dese ano pecha definitivamente as súas emisións. En 2017 a marca Televigo foi comprada polo grupo Radio Vigo, dono de Localia Vigo. Así, a que fora a súa única competidora absorbeu a marca e pasou a chamarse Localia Televigo.

Programación Contaba con programas como: Diálogos con el alcalde 8 y medio 60 minutos Á sombra da oliveira Viajeros Peloteando.com Diga lo que quiera (patrocinado polo concello de Vigo) Sete días Son TV Viajeros

Notas

Véxase tamén

TeleVigo

Ligazóns externas Páxina web oficial de Televigo Se subastan los fondos de Televigo La Voz de Galicia, 3/6/2016 .

Categoría:Televisións locais de Galicia Categoría:Medios de comunicación de Vigo Categoría:Cadeas de televisión desaparecidas de España