Ena (恵那市, えなし, Ena-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado no centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai, e ao sueste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 504,19 km², a poboación é de 54.251 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 108 h/km².

O concello de Ena limita cos concellos de Mizunami, Yaotsu, Shirakawa, Nakatsugawa (que son da prefectura de Gifu); de Neba, Hiraya (que son da prefectura de Nagano); e Toyota (este último é da prefectura de Aichi).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ena .

Categoría:Prefectura de Gifu Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón