A LU-933 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Monforte de Lemos e Albaredos (Quiroga); atravesa os concellos de Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e Quiroga. Ten unha lonxitude de 52,18 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-664 en Monforte de Lemos e finaliza na prolongación da OU-933 en Albaredos (Quiroga) co límite provincial da Lugo e Ourense. É un antigo tramo da antiga estrada C-533.

Notas

Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Lugo Categoría:Monforte de Lemos Categoría:Quiroga Categoría:A Pobra do Brollón