Extramurs (en galego: Extramuros) é o nome que recibe o distrito número 3 da cidade de Valencia. Limita coa Ciutat Vella polo nordeste, L'Eixample polo sueste, Campanar polo noroeste e l'Olivereta, Patraix e Jesús polo suroeste. A súa poboación censada no 2009 era de 49.940 habitantes segundo o Concello de Valencia. Coñecido como o ensanche pobre fronte ao ensanche rico do distrito de L'Eixample.

Poboación Extramurs tiña 50.076 habitantes en 2007, distribuídos entre catro barrios: el Botànic (6.499) la Roqueta (4.668) la Petxina (15.479) Arrancapins (23.430)

Elementos destacados Dous elementos moi importantes a destacar son as Torres de Quart e o Xardín Botánico da Universitat de València. No extremo sur atópase a Estación do Norte, nó ferroviario e terminal da rede de Proximidades de Valencia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Plano oficial dos distritos e barrios da cidade de Valencia

Categoría:Distritos de Valencia