miniatura|Primeira fotografía coñecida da Coruña, de 1858. miniatura|Praza do Obradoiro, de terra, fotografada por Andrés Cisneros Pereiro en 1858.
Acontecementos O explorador británico Richard Francis Burke alcanza o lago Tanganika. Publícase en Madrid o primeiro dicionario galego coñecido, o Diccionario del dialecto gallego, do escritor e poeta Luís Aguirre del Río. Ten lugar en Santiago de Compostela a Exposición Rexional de 1858. Julius Plücker produciu raios catódicos.
Nacementos 2 de xaneiro - José de Santiago Gómez, historiador, avogado e escritor galego (m. 1922). 5 de xaneiro - Telesforo Ojea Somoza, xurista, xornalista e político galego (m. 1890). 18 de marzo - Rudolf Diesel, enxeñeiro alemán (m. 1913). 23 de marzo - Ludwig Quidde, pacifista alemán, Premio Nobel da Paz (m. 1941). 15 de abril - Émile Durkheim, sociólogo francés (m. 1917). 23 de abril - Max Planck, físico alemán, premio Nobel de Física (m. 1947). Ethel Smyth, compositora inglesa e unha das líderes do movemento sufraxista (m. 1944). 25 de abril - Víctor de Silva Posada, historiador e xornalista galego (m. 1925). 9 de xullo - Franz Boas, antropólogo alemán (m. 1942). 5 de agosto - Ernesto Caballero Bellido, micrógrafo castelán (m. 1935). 11 de agosto - Christiaan Eijkman, fisiólogo médico holandés, Premio Nobel de Medicina (m. 1930). 14 de setembro - Ramón Armada Teixeiro, escritor galego. 16 de setembro - Andrew Bonar Law, primeiro ministro británico (m. 1923). 13 de outubro - Cleto González Viquez, presidente de Costa Rica (m. 1937). 27 de outubro - Theodore Roosevelt, 26º presidente dos Estados Unidos (m. 1919). 20 de novembro - Selma Lagerlöf, escritora sueca, premio Nobel de Literatura (m. 1940). 4 de decembro - Luis Espada Guntín, avogado e político galego (m. 1937). 22 de decembro - Giacomo Puccini, compositor italiano (m. 1924). Charles Dixon ornitólogo británico (m. 1926).
Mortes 29 de xullo - Aurelio Aguirre, poeta galego. 12 de outubro - Hiroshige, pintor xaponés (n. 1797). 15 de outubro - Carl Gustaf Mosander, químico sueco. 1 de novembro - José María Chao Rodríguez, farmacéutico e político galego (n. 1790). 17 de novembro - Robert Owen, socialista utópico inglés.
Notas
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1858