miniatura|Este logo, creado por Glenn D. Paige, explica o concepto de non matar combinando o antigo símbolo asiático do yin-yang co recente descubrimento neurolóxico que indica que a estimulación dos circuítos entre os sistemas cerebrais que controlan as emocións e o movemento poden axudar a cambiar o comportamento humano de violento a non-violento. Analogamente, as Iniciativas Creativas Transformadoras (en azul), apoiadas nas capacidades humanas de non-matar (en branco), poden traer a fin da matanza entre humanos (en vermello).
Non matar (do inglés, nonkilling) refírese á ausencia de mortes intencionais, ameazas de morte e condicións que leven á morte intencional na sociedade humanaGlenn D. Paige, Nonkilling Global Political Science. Center for Global Nonkilling, 2002; 3ª edición 2009, páxina 1.. Así como o termo "non violencia", o concepto fai referencia non a unha negación senón a unha afirmación. Aínda que o uso do termo, nun sentido académico, fai referencia, basicamente, á morte de seres humanos, en ocasións esténdese e inclúe a morte de animais e outras formas de vidaV. K. Kool e Rita Agrawal, "The Psychology of Nonkilling", in Toward a Nonkilling Paradigm, editado por Joám Evans Pim. Honolulu: Center for Global Nonkilling, 2009 .. Este é tamén o caso do uso tradicional do termo «non matar» como parte da ética budista, tal e como se expresa no primeiro precepto da PancasilaStewart McFarlane in Peter Harvey, ed., Buddhism. Continuum, 2001, páxina 187., de xeito similar ao doutras tradicións espirituais que hai arredor do mundoVéxase http://en.wikiversity.org/wiki/School:Nonkilling_studies#Program_on_Nonkilling_Spiritual_Traditions. De forma significativa, «non matar» foi empregado recentemente na Carta para un mundo sen violencia, aprobada polo Oitavo Cumio Mundial de Premios Nobel da Paz8th World Summit of Nobel Peace Laureates, Charter for a World without Violence. Roma, 15 de decembro de 2007. .
Principios Analizando a súa orixe, non matar abrangue os conceptos de paz (ausencia de guerra e de condicións conducentes á guerra), non violencia (psicolóxica, física e estrutural), e ahimsa (non ferir co pensamento, nin coa palabra nin coa acción)"Nonkilling Global Society", in Peace Building, editado por Ada Aharoni, in Encylopedia of Life Support Systems (EOLSS), 2005, Eolss Publishers, Oxford .. Sen excluír ningunha das anteriores, non matar proporciona un achegamento distinto, caracterizado pola perceptibilidade dos seus obxectivos e da natureza aberta da súa realización. Mentres o uso de termos como «non violencia» e «paz» adoitan seguir a forma de argumentación clásica, por medio de ideas abstractas que levan cara á pasividadeAntonino Drago, "Nonkilling Science", in Toward a Nonkilling Paradigm, editado por Joám Evans Pim. Honolulu: Center for Global Nonkilling, 2009 ., matar (e o seu oposto, non matar) poden cuantificarse e relacionarse con causas específicas, seguindo un enfoque de saúde pública (prevención, intervención e transformación post-traumática) cara á progresiva erradicación do matar. Esta lóxica segue as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, que clasificou a violencia como unha «doenza previble»World report on violence and health, 2002 ..
Pola outra banda, non matar non estabelece ningún camiño predeterminado para conseguir unha sociedade libre de mortes intencionais, do xeito no que o fan algunhas ideoloxías ou tradicións espirituais que promoven restrinxir o feito de quitar vidas. Como enfoque aberto, apela á infinita creatividade e variabilidade humana, estimulando continuos estudos no eido da educación, a investigación, a acción social e a construción de políticas, desenvolvendo un eixe amplo de alternativas científicas, institucionais, educativas, políticas, económicas e espirituais á morte humana. Ademais, a pesar do enfoque específico, non matar tamén aborda cuestións sociais máis amplasGlenn D. Paige, Nonkilling Global Political Science. Center for Global Nonkilling, 2002; terceira edição 2009..
En relación á agresión psicolóxica, aos ataques físicos e á tortura usadas coa intención de aterrorizar con manifestas ou latentes ameazas de morte, non matar implica a eliminación das causas psicosociais. Con respecto ás mortes causadas por condicións estruturais socioeconómicas que son produto do reforzamento letal directo, así como resultado da diversidade de recursos cuxo propósito sexa matar, non matar implica tamén a eliminación das privacións ligadas á letalidade. En canto ás ameazas sobre a viabilidade da biosfera, non matar implica a ausencia de ataques directos contra os recursos que sustentan a vida, así como o cesamento da degradación indirecta asociada coa letalidade. En relación ás formas de matar accidentais, non matar implica a creación de condicións sociais e tecnolóxicas que conduzan á súa eliminación.
No seu libro Nonkilling Global Political Science, Glenn D. Paige considera que menos do 0,5% de todos os humanos que algunha vez existiron mataron a outros humanosGlenn D. Paige, Nonkilling Global Political Science. Center for Global Nonkilling, 2002; 3rd ed. 2009, páxina 40.. Ademais hai evidencias antropolóxicas que apuntan a que, en certas sociedades e culturas, matar ocupa niveis estatisticamente insignificantesVéxase Encyclopedia of peaceful societies, .. Posto que os humanos viviron exclusivamente como cazadores-recolectores –unha forma de organización social que plasma os atributos dunha sociedade a prol de non-matar- durante o 99% da súa existencia, tamén parece claro que os niveis de violencia e matanzas teñen sido moi baixos durante a maior parte da historia do Homo sapiens sapiensLeslie E. Sponsel , "Reflections on the Possibilities of a Nonkilling Society and a Nonkilling Anthropology", in Toward a Nonkilling Paradigm, editado por Joám Evans Pim. Honolulu: Center for Global Nonkilling, 2009 ..
Nun sentido amplo, non-matar oponse a agresión, asasinato, auto-xenocidio, asasinato a soldo, asasinato colectivo, asasinato masivo, asasinato premeditado, crime de honor, crime ritual, democidio, etnocidio, feminicidio, feticidio, guerra, infanticidio, limpeza étnica, lingüicidio, masacre escolar, matanzas domésticas, omnicidio, pena de morte, policidio, rexicidio, suicidio, suicidio-asasinato, terrorismo, tiranicidio, violencia, violencia estrutural, xenocidio, xenocidio cultural e outras formas de matar, dun xeito directo, indirecto ou estrutural.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Paz Pacifismo Mahatma Gandhi Martin Luther King
Ligazóns externas Glenn D. Paige, Sen matar é posíbel. Edición en galego, 2006 Seminario Galego de Educación para a Paz Educadores pola Paz - Nova Escola Galega Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz Foro Mundical de Educación 2010 - Santiago de Compostela School of Nonkilling Studies at Wikiversity Center for Global Nonkilling Affirmation of the Global Nonkilling Spirit Center for Global Nonkilling Channel on YouTube Charter for a World without Violence
Categoría:Política Categoría:Sociedade