A batalla de Mulhouse é unha batalla da primeira guerra mundial pertencente á Batalla das fronteiras. O ataque preparouse o día 7 de agosto de 1914 e iniciouse dous días despois. Formaba parte do intento francés por recuperar a rexión de Alsacia, que perdera tras a fin da guerra franco-prusiana en favor do Imperio Alemán.

Forzas de combate As forzas francesas constaban duns 45.000 homes do I Exército, pertencentes a tres unidades de infantaría (as Divisións 14a, 41a e unha brigada da División de reserva 57a) e a 8a División de Cabalería.

As forzas alemás eran os corpos XIV e XV do VII Exército, dirixido por Josias von Heeringen.

A batalla A batalla iniciouse cando os soldados franceses tentaron ocupar Alsacia. O día 7 atravesaron a fronteira franco-xermana e avanzaron cara ao interior do Imperio Alemán. Puideron chegar ata Mulhouse, que foi ocupada sen resistencia ningunha. O avance inicial supuxo certo xúbilo en Francia, pero os alemáns organizaron rapidamente un contraataque. Os franceses preparáronse para defender as zonas ocupadas e recibiron reforzos (unha División de reserva). A pesar das novas tropas, o Xeneral Bonneau decidiu retirarse o que ocasionou que fose relevado por orde de Joseph Joffre. Deste modo, os alemáns recuperaron as poboacións perdidas.

A finais de agosto, Joffre enviou á zona catro novas divisións, que constituirían o Exército de Alsacia, que atacou en Lorena e fracasou.

Consecuencias As baixas francesas foron duns 4000 homes e 3000 no bando alemán. Ademais, supuxo a destitución do Xeneral Bonneau.

Categoría:Batallas da primeira guerra mundial Categoría:1914 Categoría:Batallas do século XX