Chikushino (筑紫野市, ちくしのし, Chikushino-shi) é un concello da prefectura de Fukuoka no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Kyūshū e no centro-oeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Chikuzen, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 87,78 km², a poboación é de 100.047 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.140 h/km².
O concello de Chikushino limita cos concellos de Nakagawa, Ōnojō, Dazaifu, Umi, Iizuka, Chikuzen, Ogōri (que son da prefectura de Fukuoka); Tosu e Kiyama (que son da prefectura de Saga).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Chikushino .
Categoría:Prefectura de Fukuoka Categoría:Concellos do Xapón